Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os estudios Syncrom convidan a axudar ás ONG a través do seus xogos para móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os estudios Syncrom convidan a axudar ás ONG a través do seus xogos para móbiles

Redacción
Publicado: 25/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

syncrom_solidario.jpgA empresa española Syncrom Entertainment, centrada no deseño de xogos para dispositivos móbiles, anunciou esta semana o seu fortalecemento como firma de innovación social dixital, un ámbito de traballo do que falamos arreo con motivo da xornada CeMIT-Innovación celebrada este martes 24. Segundo informa Syncrom máis en detalle, o seu compromiso co solidario collerá corpo a través de doazóns a Organizacións Non Gobernamentais (ONG), nacionais e internacionais, cuxo propósito sexa o de axudar nunha liña humanitaria. Ao respecto disto, a empresa lembra que a maior parte dos seus xogos son de balde, o que implica que o groso dos ingresos veña da publicidade, en consecuencia cantos máis xogadores e cantos máis clics nos anuncios, máis beneficios para as ONG.
Segundo explica Ramón Egido, fundador de Syncrom, para acadar os devanditos obxectivos só haberá unha regra a seguir: “Canto máis usuarios teñan os xogos, máis ingresos xerarán, é unha simple cuestión de porcentaxes”.
Egido tamén recorda que a idea de que as achegas de lecer da empresa fosen solidarias naceu a principios de 2015. Segundo conta, “non somos unha ONG, estamos constituídos como empresa e como tal temos gastos e debemos dar beneficios, pero a idea de que eses beneficios tamén sirvan para axudar lévanos a destinar unha porcentaxe a labores humanitarios”. Entre as organizacións que xa se están a ver beneficiadas por esta liña de innovación social atópase Cáritas, que dende a Syncrom consideran que “está a facer un traballo moi necesarios nestes anos de crise económica nos que moitas familias se viron afectadas”.
Lembrar que o primeiro xogo dos estudios foi Bouncing Balls e o segundo Enigmas. Os últimos lanzamentos foron Conquista a Illa Pirata, no que uns soldados deben vencer aos piratas atrincheirados nunha serie de illas, e Aprende as letras, un xogo educativo para nenos a partir de 3 anos e medio que lles axuda a asociar as letras con nomes de animais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?