O programa-certame Feitos de Talento (Hechos de talento) promovido por Clear Channel e a escola de negocios ISEC conta nesta primeira andaina de seu coa presenza de José García, o empresario pontevedrés do sector dixital responsable entre outras cousas de Virtualplanet360.com, portal que ao mesmo tempo está a ser obxecto dun novo plan estratéxico para captar investidores. O empresario galego, en virtude da súa participación en Feitos de Talento, opta a converterse nunha das dez persoas elixidas en España para promover a imaxe do Estado no exterior. E faríao precisamente co seu proxecto de creación de cidades virtuais interactivas, Virtualplanet360.com.
Feitos de Talento, como lembraremos, xorde coa idea de recoñecer publicamente a aqueles cidadáns que, desde o anonimato, contribúen a mellorar a imaxe e reputación de España e convertelos deste xeito en exemplos de innovación, creatividade e competitividade ante o mundo. Segundo nos explica o propio José García, o que se pretende é “garantir a visibilidade e exposición pública das persoas seleccionadas e, de paso, contrarrestar o peso daqueles que coas súas malas prácticas contribúen á deterioración da imaxe do país”.
A elección dos persoeiros encargados desta tarefa de promoción farase por votación pública accedendo á páxina do certame. Nunha primeira votación designaranse os 50 candidatos con meirande potencial para facer marca. Logo, o xurado (composto por representantes do ámbito da empresa) será o encargado de escolmar os dez participantes finais.

O galego José García, no certame de proxección internacional Feitos de Talento
Compartir Este Artigo
