Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A revolución do audiovisual na Rede, polo miúdo na segunda edición de Carballo Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A revolución do audiovisual na Rede, polo miúdo na segunda edición de Carballo Interplay

Redacción
Publicado: 07/04/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Presentación da nova entrega do festival /Imaxe: Tamara de la Fuente
Presentación da nova entrega do festival /Imaxe: Tamara de la Fuente
Quen escoitara falar de webseries e queira ampliar os seus coñecementos sobre a materia, vai poder facelo os vindeiros días no festival Carballo InterPlay (CIP), unha cita referencial sobre este fenómeno tecnolóxico-audiovisual a nivel galego e estatal (pioneira dende as dúas ópticas xeográficas). O certame, que vai pola súa segunda entrega, celébrase os días 16, 17 e 18 de abril. As webseries, para quen ande despistado e non o saiba (malia todo o camiñado xa e malia o explícito do seu nome, web+serie), son series creadas para seren distribuídas a través de Internet e inseridas nas novas correntes e hábitos que contribúen a que a ollada dos seareiros da TV se dirixa á Rede, e viceversa: que quen ande na Internet sexa tamén espectador. A segunda convocatoria de CIP foi presentada os días pasados.
No encontro cos medios, o Concello de Carballo, organizador do festival, fixo saber que o seu obxectivo é abrir novos camiños para a cultura, apoiar aos nosos profesionais que queiran facer cousas novas e, ao mesmo, tempo, afianzar a puxante cidade galega na rede de localidades que decote se adoitan vencellar coa creatividade e a vangarda tecnolóxica.
O Concello, xa falando máis en concreto, adiantou na cita cos medios que este ano hai unha serie de novidades a ter moi en conta. Por exemplo: que se habilitará unha sección internacional ben definida e estruturada con webseries chegadas de México, Arxentina, Francia, Brasil ou Reino Unido, entre outros países. Ademais, o programa de actividades estenderá o seu radio de alcance cara aos novos formatos da produción audiovisual, lindeiros coas webseries e centrados (tamén) en explorar as potencialidades de Internet “como medio para a narración, o humor, a non ficción, o patrimonio audiovisual ou as performances interactivas”. Dito doutro xeito: este ano darase acubillo no programa a todo tipo de propostas.
Seguindo coa análise da axenda de actividades previstas, a organización fixo saber que “as mañás do festival estarán reservadas no Fórum Carballo a diversas actividades paralelas destinadas a ver desde varios ángulos a industria dos contidos dixitais e as distintas formas en que Internet nos axuda a facer humor, a preservar a nosa memoria colectiva ou a rebuscar no noso código fonte audiovisual”. Polas tardes, o Pazo da Cultura é o escenario elixido para a proxección das 43 webseries da sección oficial, escolleitas entre as 144 enviadas ao festival. Asemade, as tardes serán o intre das estreas: o xoves 16 cun novo capítulo de Entertainment dos creadores de Malviviendo e coa película Searching for Meritxell; o venres 17 cunha batalla audiovisual cos artífices de Venga Monjas e Malviviendo; e o sábado 18 coa Gala de peche. Segundo engadiu o Concello, outra das grandes novidades é o Interfight: I Encontro de labazadas audiovisuais, unha regueifa audiovisual que manterán Xavi Daura e Esteban Navarro de Venga Monjas, convidados especiais deste CIP, e David Sáinz e Teresa Segura de Malviviendo, padriños do CIP. Esta actividade consiste, en palabras dos seus impulsores, nunha “batalla de vídeos a través da proxección de pezas audiovisuais sacadas de Internet e mesmo realizadas polos propios protagonistas co obxectivo de enfrontarse entre eles poñendo a proba os seus coñecementos e implicando tamén ao público asistente”.
Outro dos puntos fortes do certame chegará o sábado 18 de abril, coa presentación en público de Proxecto Neme: a memoria audiovisual de Carballo, unha iniciativa coordinada pola produtora, profesora e investigadora Beli Martínez na que, xunto con alumnado e profesorado do IES Parga Pondal de Carballo, traballa pola recuperación da memoria audiovisual da localidade. A proposta, inspirada no Proxecto Socheo da Guarda, exporá os seus achados durante o festival.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?