Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación Alpify fixo posible o rescate de máis de 4.500 persoas en 2014
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación Alpify fixo posible o rescate de máis de 4.500 persoas en 2014

Redacción
Publicado: 14/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

image001.jpgA aplicación de rescates Alpify, da que falamos recentemente para dar conta do seu papel nunha operación concreta de localización de montañeiros, segue a subir chanzos en materia de integración, extensión e uso xeneralizado. De feito, os desenvolvedores da ferramenta veñen de anunciar que esta xa está conectada cos servizos de emerxencia 112 de toda España. Asemade, fan saber que de novo foi empregada recentemente para rescatar persoas en zonas de difícil acceso, máis polo miúdo en Andorra, onde os servizos de emerxencia trouxeron de volta un montañeiro que se atopa a 2.700 metros de altitude e a nove graos baixo cero. O Principado foi, xunto con Euskadi, A Rioxa, Cantabria, Aragón e Estremadura, pioneiro no uso da aplicación.
Porén, hai cifras globais sobre o labor xerado polo servizo. Así, ao longo do pasado ano, engaden os desenvolvedores de Alpify, esta aplicación facilitou a través destes equipos de emerxencia o rescate de máis de 4.500 persoas, “50 das cales foron rescatadas dunha situación crítica”.
Como lembraremos, a ferramenta permítenos estarmos localizables sempre que queiramos, “algo especialmente indicado para menores e persoas maiores que queren un engadido de seguridade, ou para a práctica de deporte ao aire libre, como actividades de risco na montaña”.
Alpify funciona coma unha radiobaliza e permite ao usuario estar emprazado xeograficamente en todo intre polo 112 ou polo servizo de emerxencia que estea conectado á aplicación. “Cando o usuario necesita asistencia só ten que premer o botón de emerxencia da aplicación, que grazas á xeolocalización enviará aos servizos de atención da zona datos sobre quen é o usuario, onde está e que está a pasar”, comentan dende Barcelona os creadores da app.
Ademais, o servizo de emerxencia dispón dun buscador para coñecer o percorrido das últimas 24 horas dun usuario perdido, “e así pode gañar tempo e aforrar recursos nunha procura”, explican os desenvolvedores da ferramenta, que tamén engaden que. Alpify funciona con cobertura a Internet, pero se non se dispoñemos dela é quen de enviar un sinal por SMS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?