Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os desenvolvedores de Desafío Millenials visitan Plexus a vindeira semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os desenvolvedores de Desafío Millenials visitan Plexus a vindeira semana

Redacción
Publicado: 17/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

redemprendia_desafio.jpgA empresa galega Plexus vai acoller nas súas instalacións aos participantes do Desafío Millenials, en virtude da participación da compañía tecnolóxica neste programa internacional promovido por RedEmprendia (Rede Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas), cuxos principais responsables xuntáronse ao longo desta semana en Compostela. A cita (unha xornada de traballo, principalmente) con Plexus será o vindeiro luns 20.
Segundo lembra a empresa santiaguesa, esta foi seleccionada para o Desafío Millenials xunto con outras tres entidades: Banco Santander, Isban, do Grupo Santander e Sonae (Portugal). No reto participan universitarios de México, Arxentina, Colombia e España. O seu labor consiste en tentar superar o desafío lanzado por RedEmprendia e Plexus para desenvolver unha plataforma con novos servizos, especialmente pensada para dispositivos móbiles, carteis dixitais e quioscos multimedia.
Como lembraremos, RedEmprendia Desafío Millennials é un programa deseñado para detectar e fomentar o espírito emprendedor entre mozas e mozos universitarias/os de toda Iberoamérica, partindo da creación de equipos multidisciplinares e multinacionais que aceptan propor unha solución creativa e innovadora a raíz de propostas reais de empresas. Plexus foi seleccionada por RedEmprendia para lanzar un dos seus 5 retos internacionais.
Tras coñecer as instalacións da firma galega en Compostela os estudantes latinoamericanos manterán as súas primeiras sesións de traballo, para o que contarán con titores especializados que analizarán e orientarán cada un dos seus proxectos. Segundo informa Antonio Agrasar, conselleiro delegado de Plexus, “é unha satisfacción abrir ao talento e á mocidade o mundo Plexus, unha contorna empresarial cuxa creación se debe ao contexto que cingue universidade, empresa, capacidade de emprendemento e alianzas estratéxicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?