Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RedEmprendia prepara un completo programa de aceleración de spin-off universitarias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

RedEmprendia prepara un completo programa de aceleración de spin-off universitarias

Redacción
Publicado: 16/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os responsables en transferencia tecnolóxica das universidades de RedEmprendia reunidos en Santiago /Foto de Santi Alvite
Os responsables en transferencia tecnolóxica das universidades de RedEmprendia reunidos en Santiago /Foto de Santi Alvite
Como anunciamos onte dende Código Cero, a Universidade de Santiago acolle estes días a representantes de dúas ducias de institucións de educación superior de España, Portugal e América Latina, debatendo as liñas de acción e obxectivos de RedEmprendia para ou Horizonte 2020. Accións e obxectivos para os vindeiros cinco anos entre os que se atopan “unha aposta decidida polas mulleres emprendedoras” e máis “un ambicioso programa de aceleración de empresas spin-off universitarias”.
As xuntanzas do mércores desenvólvense no Centro de Estudos Avanzados da USC e foron o preámbulo da reunión semestral do comité técnico da rede que se desenvolve hoxe e mañá no mesmo lugar. As ditas xuntanzas foron as primeiras das súas características que celebrou a rede, reunindo aos responsables de goberno en temas de innovación e emprendemento de 21 institucións de educación superior de España, Portugal, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e México. No acto de apertura participaron o reitor da USC, Juan Viaño, o presidente de RedEmprendia, Senén Barro, e José Manuel Moreno, subdirector xeral adxunto de Banco Santander, entidade que a través de Santander Universidades exerce un fundamental mecenado das actividades de RedEmprendia.
O encontro deste mércores serviu para dar a coñecer e debater os obxectivos de RedEmprendia, recollidos no documento RedEmprendia Horizonte 2020, dos que nacen os programas de apoio ao emprendemento universitario que a rede vai desenvolver nos vindeiros cinco anos. Entre as accións máis destacadas está a posta en marcha dun programa de aceleración da aprendizaxe empresarial deseñado especialmente para apoiar as mulleres universitarias que queren crear empresas baseadas no coñecemento. Esta iniciativa combinará a formación internacional en empresas con apoios específicos adaptados á situación particular das emprendedoras en España, Portugal e América Latina.
RedEmprendia traballa tamén na posta en marcha dun ambicioso programa de aceleración de spin-offs universitarias, que terá presenza en seis países da contorna iberoamericana. “Esta liña de acción en fase de desenvolvemento”, informaron os responsables de RedEmprendia, “contará coa colaboración destacada da Universidade de Santiago de Compostela e beneficiará empresas de orixe universitaria de Galicia, España, Portugal e América Latina”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?