Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica reta aos desenvolvedores galegos a dar forma ás Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica reta aos desenvolvedores galegos a dar forma ás Cidades Intelixentes

Redacción
Publicado: 17/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_hackforgood.jpgTelefónica organiza en Vigo, por vez primeira, a súa xuntanza de programadores HackForGood, que xunta estes días (ata mañá) a centos de desenvolvedores do ámbito estatal intercambiando experiencias e superando desafíos arredor da creación da aplicacións e servizos TIC ligados ás cidades intelixentes. A actividade, que chega á súa terceira convocatoria, celébrase na sala I do Edificio Miralles da Universidade de Vigo. Calcúlase que a asistencia global é de preto dun milleiro de novas e novos desenvolvedoras/es. Lembrar que a edición viguesa lévase a cabo de xeito simultáneo noutras outras oito cidades estatais: Madrid, Valencia, Murcia, Sevilla, Málaga, As Palmas de Gran Canarias, Salamanca e Valladolid.
O director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, explicaron este 17 de abril en rolda de prensa os detalles da iniciativa, que busca promover entre os mozos o espírito emprendedor, apoiando a posta en marcha de ideas e negocios que acheguen solucións aos desafíos que expón a sociedade dixital. Ao fío disto, Alonso sinalou que o principal obxectivo é “dar visibilidade ao talento, ofrecendo un marco onde os mozos poidan madurar os seus proxectos e ideas, ao mesmo tempo que crean valor social para o futuro”. Segundo fixo saber, nesta edición o que se procura é “amosar como a tecnoloxía pode contribuír a construír cidades máis amigables, sociais e eficaces, achegando respostas a problemas sociais concretos e relativos ao comercio, a mobilidade urbana, a economía, a enerxía ou a Internet das Cousas”.
Polo que respecta á participación da Universidade de Vigo (que acollerá o evento no Edificio Miralles), lembrar que a institución académica viguesa pertence á rede de cátedras Telefónica, que conta para a celebración de HackForGood 2015 coa colaboración da Vicerreitoría de Economía e Planificación e as escolas de Telecomunicación, Enxeñería Industrial, Minas e Informática.
O evento é relativamente libre (participan nela persoas vencelladas á comunidade universitaria e outras que non) e ábrese a desenvolvedores, programadores e deseñadores. Asemade, a iniciativa dá acubillo, tamén, a persoas ou organizacións (como ONG) sen os coñecementos técnicos para desenvolver unha aplicación, pero que tiveran identificado unha necesidade no ámbito social.
En canto á Cátedra Telefónica, dicir que vía a luz hai algo máis de catro meses e nacía de cara á innovación enerxética da Universidade de Vigo, centrando as súas actividades na promoción do desenvolvemento de propostas de mellora e novos servizos de eficiencia enerxética, o emprego das TIC na busca desa eficiencia e a análise da calidade enerxética ambiental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?