Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CPEIG e AMTEGA amosarán á cidadanía en que consisten as novas profesións dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CPEIG e AMTEGA amosarán á cidadanía en que consisten as novas profesións dixitais

Redacción
Publicado: 21/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_usuaria.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anunciaron este luns novas actividades formativas conxuntas xurdidas ao abeiro dos seus recentes acordos (como por exemplo o asinado entre ámbalas partes hai agora exactamente un ano). Segundo fixeron saber, trátase dun ciclo de xornadas sobre novos perfís dixitais e, a maiores, formación especializada en TIC para empregados públicos, docentes e familias.
Estas catro liñas de colaboración recóllense nun novo convenio asinado recentemente pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A axencia achegará ao colexio 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas.
O obxectivo do devandito ciclo, sinalaron Pereira e Suárez, é divulgar e amosar as novas profesións que vai xerando na nosa terra o afianzamento da Sociedade do Coñecemento, profesións coma a de deseñador dixital, o blogueiro profesional, o desenvolvedor de aplicacións, o especialista en contidos ou análise de datos, os técnicos en comercio electrónico ou o experto en mercadotecnia en liña. “Nestas actividades”, engadiron, “participarán enxeñeiros informáticos que actualmente están a desenvolver a súa actividade profesional nestes ámbitos e, ao remate do ciclo, os seus relatorios serán recollidos nunha publicación”.
Como dixemos, prepárase tamén a realización dunha guía “sinxela e accesible” para orientar a pais, nais e profesionais do eido educativo no uso de Internet por parte dos nenos. A maiores, “convocaranse sesións formativas sobre estes aspectos nas sete grandes cidades galegas” e celebrarase a Semana dos menores e as novas tecnoloxías.
As xornadas formativas para profesorado que prepara para 2015 o CPEIG buscan, ante todo, “que os docentes adquiran as competencias dixitais precisas para a integración das TIC nas aulas”. Estas achegas divulgativas, inseridas ao abeiro da estratexia tecnolóxica marcada no Proxecto Abalar, incidirán na formación en ferramentas de software libre. As actividades formativas celebraranse preferentemente nas aulas da Rede CeMIT.
A maiores, o colexio impartirá oito cursos prácticos nos que se fornecerá unha visión xeral das políticas dixitais europeas facendo fincapé en “aspectos chave da eAdministración,combinando información presencial en liña sobre metodoloxías e técnicas para achegar valor ao seu traballo cotián”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?