Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 150 congresistas pasaron polas xornadas Cidades Dixitais organizadas por CONETIC en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 150 congresistas pasaron polas xornadas Cidades Dixitais organizadas por CONETIC en Santiago

Redacción
Publicado: 23/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cidades_dixitais2.jpgFinalmente as iniciativas galegas en materia de Smart Cities tiveron un escaparate de primeira liña (un escaparate transoceánico) na terceira edición do Congreso Cidades Dixitais, organizado en Compostela por CONETIC co apoio da asociación Ineo, clausurado este mércores logo de ter pasado polas súas sesións máis de 150 congresistas, 29 relatores expertos no catro temáticas vertebrais do evento: accesibilidade, seguridade, transporte e refugallos. Segundo informa a devandita confederación estatal, o evento tamén acubillou a presentación de seis casos de éxito e, a maiores, dez cidades de ámbalas beiras do Atlántico deron a coñecer as súas iniciativas smart para os vindeiros meses, entre as que se contaron Valencia, Ourense, Bilbao, Santiago de Compostela, A Coruña, Tijuana ou Medellín, amais da eurocidade galego-lusa Verín-Chaves. Os relatorios foron retransmitidos vía videoconferencia (rexistráronse máis de 1.000 accesos de IP diferentes).
Segundo engade CONETIC, durante os dous días nos que se celebrou o encontro amosáronse as futuras tendencias do sector TIC, “converténdose Santiago en centro de debate sobre as posibilidades de desenvolvemento das cidades grazas á aplicación da tecnoloxía, así como a oportunidade de negocio que ofrecen as novas Cidades Dixitais para as empresas do sector”.
Durante a primeira xornada, logo das presentacións de Jorge Cebreiros e Víctor Calvo Sotelo, o congreso ofreceu un panel financeiro no que tanto o Instituto de Crédito Oficial, ICO, como o CDTI puideron expor as súas fórmulas de apoio ao investimento empresarial. Tamén se contou coa participación do Banco para o Desenvolvemento de América Latina, que nomeou e salientou as empresas que participan na execución dos seus proxectos de impulso socioeconómico de América Latina.
Na primeira mesa de debate analizouse o transporte intelixente de persoas e mercadorías. Os relatores destacaron que “debe haber unha cultura onde a participación cidadá teña relevancia e poidan ser tamén creadores de solucións sobre transporte en base ás súas necesidades reais”. Elkir Echeverri, director de Prospectiva de Ruta N de Medellín sinalou que “unha cidade ten un transporte intelixente non cando todo o mundo ten automóbiles se non cando toda a poboación incluídas as rendas altas, utilizan o transporte público; con iso ademais conseguiremos que o transporte sexa sustentable”.
Durante a segunda mesa de debate (sobre accesibilidade nas cidades e os fogares), os relatores lembraron ás administracións que a poboación non pode ser discriminada polo lugar onde vive ou porque sexan cidadáns con limitacións físicas ou sensoriais. “Hai que ter en conta aos cidadáns na súa diversidade e a día de hoxe as oportunidades de expresión dos cidadáns son moi escasas e atopámonos con servizos intelixentes que son inaccesibles para unha parte da cidadanía”, recordouse.
Na terceira mesa de debate (seguridade na Smarts Cities) os relatores explicaron que “a seguridade é algo transversal a calquera tecnoloxía”. E engadiron: “O reto na seguridade é acadar sinerxías absolutas entre os axentes públicos e privados”. Segundo fixeron saber, “os gobernos teñen que tomar medidas para concienciar e educar á poboación nos riscos de seguridade aos que se enfrontan para elevar a súa protección e activar medidas de seguridade”.
Na última mesa de debate (xestión e reaproveitamento de refugallos), os participantes coincidiron en salientar que a intelixencia ambiental (smart enviroment) abre espazos de oportunidade para a aplicación das tecnoloxías en entre áreas como a responsabilidade social empresarial (podendo aplicar tecnoloxías de gamificación para xerar hábitos nas persoas e organizacións), a normalización e a lexislación (facendo máis doado o seguimento dos residuos) e no ciclo de vida dos refugallos (construíndo produtos ecolóxicos en toda a súa vida útil).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?