Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo augura importantes acordos para as nosas empresas logo da Misión Inversa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo augura importantes acordos para as nosas empresas logo da Misión Inversa

Redacción
Publicado: 27/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

FotoMision1.jpgRematou finalmente sobre o papel a Misión Inversa levada a cabo por Ineo os días pasados, aínda que na práctica terá ampla e fonda continuidade. Como lembraremos, a misión consistiu nunha serie de xuntanzas desenvolvidas en Santiago e noutras cidades nas que participaron (por unha banda) un nutrido grupo de representantes de diversas administracións de México e Perú e (doutra banda) unha serie de empresas tecnolóxicas da nosa terra amosando os seus máis avanzados recursos en materia de Cidades Intelixentes. Ademais, tomaron parte activa na experiencia administracións, asociacións e organismos galegos, compartindo experiencias smart cos mandatarios e os profesionais chegados da outra beira do Atlántico (un total de quince).
O resultado de todas estas xeiras de traballo en común será, a todas luces, un importante retorno económico a medio prazo para as empresas (un total de doce) que participaron delas. De feito, o interese amosado pola delegación americana foi moi grande, e varios representantes das administracións mexicanas e peruanas xa convidaron a varias firmas galegas a viaxar aos seus países de orixe para amosar alí, in situ nas cidades das que proviñan, as súas solucións tecnolóxicas innovadoras. Segundo informa Ineo, os quince dirixentes que participaron na Misión Inversa realizaron visitas a SOGAMA, A Coruña Smart City, ANFACO-CECOPESCA ou CETMAR, emprestando especial atención a solucións tecnolóxicas relacionadas co mantemento de xardíns, a rega intelixente, a xestión do tráfico e a xestión de refugallos”.
Respecto dos lugares de orixe dos mandatarios que concorreron na iniciativa, son os seguintes: as municipalidades peruanas de Lima, Lince e San Juan de Miraflores e Carabayllo; e os concellos mexicanos de Córdoba, Saltillo, Monclova e Atizapán de Zaragoza. Ademais, asistiron os presidentes do Sistema Público de Radiodifusión do Estado Mexicano e o Instituto Tecnolóxico da Produción de Perú.
FotoMision2.jpgA Misión Inversa a Galicia de representantes públicos peruanos e mexicanos veu da man de Ineo (Asociación de Empresas TIC de Galicia) e contou co apoio orzamentario do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG). Celebrouse durante os días 20, 21 e 22 de abril co obxectivo de dar a coñecer aos devanditos dirixentes solucións orientadas a cidades smart desenvolvidas por empresas galegas. En palabras de Ineo, “pretendeuse deste xeito fomentar e afianzar a internacionalización das empresas galegas mediante o contacto directo con potenciais compradores de tecnoloxía procedentes de países que, por historia, idioma e cultura, conforman mercados cun alto potencial para a xeración de negocio, neste caso en particular, relacionado con produtos e servizos do ámbito Smart City”.
A iniciativa deu comezo cun acto inaugural de acceso público, no que interviñeron o presidente de Ineo, Jorge Cebreiros; a director da área de Internacionalización do IGAPE, Abel Veiga; e o xerente do COETG, Ricardo Fernández. A continuación os 15 mandatarios participantes fixeron unha presentación das entidades ás que representan explicando as súas necesidades tecnolóxicas. Xa pola tarde e durante as dúas xornadas seguintes os mandatarios estiveron a disposición das empresas, tanto para manter reunións individuais como para realizar as visitas nas que puideron comprobar directamente o funcionamento das ferramentas e solucións tecnolóxicas xa implantadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?