Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os creadores de TokApp School queren chegar a 200 cidades co remate de 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os creadores de TokApp School queren chegar a 200 cidades co remate de 2015

Redacción
Publicado: 28/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tokapp_school2.jpgTokApp, compañía galega nada en 2013 e fundada por Javier Romero, está estes días lanzando ao mercado unha plataforma de mensaxería instantánea para que centros educativos, profesores, pais e alumnos poidan poñerse en contacto entre eles de maneira máis rápida e eficaz. A plataforma, que xa anunciamos en moitos dos seus detalles os días pasados dende Código Cero, ten a súa orixe no obxectivo de mellorar a comunicación nas comunidades docentes e evitar “calquera tipo de incidencia”. A aplicación chámase TokApp School e, segundo informan fontes da empresa galega, está a desembarcar xa en 43 cidades estatais. A previsión é a de chegar a 200 antes de que remate o ano.
Máis en detalle, os desenvolvedores da ferramenta docente decidiron creala cando se decataron de que algúns alumnos adoitan esquecerse de avisar aos seus pais de actividades relevantes do centro ou de entregar unha circular, incluso algúns centros aínda non informan os pais da falta de asistencia dos seus fillos. “A través da app”, explican, “colexios e profesores poden comunicarse con pais e alumnos mediante mensaxería instantánea ilimitada aforrando así tempo e material como cartas ou circulares, que poden perderse de camiño a casa, coa peculiaridade de saber en que intre, con data e hora exacta, o usuario leu a mensaxe, ademais de poder solicitar unha resposta só se o centro ou o profesor o require”.
E engaden: “Tras máis de dous anos de desenvolvemento e investimento propio, seguimos a traballar para levar a nosa iniciativa a novas cidades e medrar aínda máis nas que xa estamos presentes”. Neste 2015 a intención é ter presenza en máis de 200 cidades españolas, comenta Javier Romero, fundador da compañía, que salienta entre outras cousas o nivel de seguridade e privacidade do seu novo servizo, que é quen “de preservar os datos persoais tanto de pais e alumnos como de profesores, polo que non é preciso revelar o número de teléfono para rexistrarse, nin se visualizará durante as mensaxes”. De feito, as respostas que se envíen a unha notificación soamente poderán ser lidas polo emisor desta.
A aplicación, de descarga gratuíta e baixo licenza de uso para o centro educativo, permite enviar calquera tipo de arquivo como fotografías, vídeos ou PDF e programar o seu lanzamento cando se desexe, “unha vantaxe para os profesores, que poden planear as súas informacións, así como xestionalas desde calquera parte do mundo”, engade Romero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?