Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TokApp consolida en 43 cidades a súa aplicación de mensaxería instantánea para o ámbito docente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TokApp consolida en 43 cidades a súa aplicación de mensaxería instantánea para o ámbito docente

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tokapp_school.jpgA empresa viguesa TokApp, da que falamos en Código Cero para dar conta da súa ferramenta global de comunicación empresarial, está a consolidar en case medio cento de cidades un novo (e innovador) recurso para emendar atrancos no fluxo de coñecemento e información entre centros educativos, comunidades de docentes, de pais e de alumnos. A ferramenta en cuestión chámase TokApp School e é unha aplicación destinada tamén a evitar calquera tipo de incidencia comunicativa, ao tempo que achega rapidez e eficacia no intercambio de datos, contidos, mensaxes. Ten feitura de plataforma de mensaxería instantánea sen límites.
Segundo nos contan os seus creadores, a súa orixe está na constatación de que actualmente non hai moitos recursos específicos (por non dicir ningún), no panorama tecnolóxico-educativo, que lles asegure aos escolares un método fiable e eficiente para facer cousas como avisar aos seus pais de actividades relevantes do centro ou de entregar unha circular. Ou ben para que os centros informen aos pais das faltas de asistencia dos seus fillos.
A aplicación, que segundo engaden está xa presente en 43 cidades españolas, permite aforrar tempo e material como cartas ou circulares, “que poden extraviarse de camiño a casa”, explican. Ademais, achega a peculiaridade de posibilitar aos usuarios saber en que momento, con data e hora exacta, os destinatarios dunha mensaxe dérona lido.
Segundo conta Javier Romero, fundador de TokApp, a aplicación ten ás súas costas “máis de dous anos de desenvolvemento e investimento propio”. Agora, engade, é a quenda de seguir traballando para levar a iniciativa a novas cidades e seguir medrando nas que “xa estamos presente”. Ao longo de 2015, o obxectivo é chegar a máis de dous centos de cidades do ámbito estatal.
Salvagarda de información
Amais do devandito, os creadores de TokApp School non queren deixar de salientar a capacidade da súa aplicación, “a diferenza do que acontece con outras apps de mensaxería instantánea”, para preservar os datos persoais tanto de pais e alumnos como dos docentes, polo que non é preciso revelar o número de teléfono para rexistrarse, nin se visualizará durante as mensaxes. Así, as respostas que se envíen a unha notificación soamente poderán ser lidas polo emisor desta.
A aplicación, de descarga gratuíta e baixo licenza de uso para o centro educativo, permite enviar calquera tipo de arquivo como fotografías, vídeos ou documentos en formato pdf, amais de programar o seu lanzamento cando se desexe, “unha vantaxe para os profesores”, advirten dende TokApp, que lembran que os docentes poden planear as súas informacións, así como xestionalas desde calquera parte do mundo. Para pais e alumnos, a plataforma inclúe servizos de ofertas do sector educativo, entre eles, librarías, logopedas e academias de ensino.
Sinalar tamén que TokApp School ten a mesma validez legal que un burofax. “A plataforma está avalada por un despacho de avogados que confirma que os servizos prestados son legalmente recoñecidos, cumprindo as normas de seguridade e privacidade para unha correcta comunicación entre os usuarios”, explican os seus creadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?