Fernando Suárez, responsable de Innovación no Concello de Santiago, presenta este venres no CiTIUS (USC) a iniciativa que impulsa o seu departamento para transformar a capital de Galicia nunha Cidade Dixital/Cidade Histórica, ou sexa unha urbe conectada e eficiente ao tempo que tenta garantir o seu carácter histórico e referencial. Falamos de Smart iAGO, o proxecto Smart City co que leva traballando o Concello compostelán ao longo dos últimos anos, e do que temos falado xa en Código Cero, salientando cousas como as súas tentativas para mellorar os aparcamentos coa axuda das TIC ou o fornecemento de carga de balde para vehículos eléctricos en Santa Marta.
Segundo avanza o CiTIUS reflectindo a información dada polo Concello, o obxectivo principal de Smart iAGO é “a posta en marcha da folla de ruta formada por un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das Smart Cities”. Estas solucións encamíñanse a procurar eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, “de forma que os resultados sexan altamente adaptables, flexibles, eficientes e replicables noutras cidades ou ámbitos nos que o Patrimonio Histórico sexa un trazo distintivo das mesmas”.
Fernando Suárez estará o venres no CiTIUS amosando en que consiste Smart iAGO
Compartir Este Artigo
