Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Centum, primeira aposta firme do Club de Investidores do Clúster TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Centum, primeira aposta firme do Club de Investidores do Clúster TIC

Redacción
Publicado: 11/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centum.jpgO pasado mes de novembro constituíuse o Club de Investidores do Clúster TIC Galicia, tal e como informamos dende Código Cero facendo fincapé nas entidades fundadoras (un total de oito: Altia, Bahía Software,Clictic, Imatia, Itelsis, JDLV Investidores, Plexus e R) e nos seus obxectivos: investir en iniciativas emprendedoras da nosa terra baseadas nas novas tecnoloxías da información. Segundo recorda o Clúster, o club presentouse en sociedade na quinta edición do evento Clúster TIC Capital Network-CCN, cuxa edición saldouse con 9 propostas aspirantes. Agora, xa entrados de cheo en 2015, vén de facerse o primeiro investimento nunha delas. A primeira aposta do club é polo proxecto empresarial de Centum Research & Technology.
Trátase dunha compañía especializada no deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas aeronáuticos de misión, tanto para plataformas aeronáuticas tripuladas como drons, que se dirixen sobre todo a operacións no ámbito das emerxencias e a seguridade. Nesta liña insírese o proxecto LifeSeeker, un sistema de busca para persoas extraviadas desenvolvido conxuntamente entre os investigadores de Centum e os do centro tecnolóxico Gradiant. Máis en detalle, LifeSeeker é unha tecnoloxía aeronáutica concibido para o seu uso en misións de procura e rescate que permite a localización das persoas a través do seu teléfono móbil. LifeSeeker, confirma o Clúster TIC, xa foi probado con éxito a bordo de drons e helicópteros en contornas reais de alta montaña nas que, nunha extensión superior ao 100 quilómetros cadrados, acháronse 4 obxectivos previamente escondidos por efectivos dunha axencia de seguridade, en menos de 40 minutos.
Os membros do Club Altia, Bahía Software, JDLV Investidores e Plexus, son os que cubriron esta rolda de investimento. A súa iniciativa tomouse de forma coordinada con Xesgalicia, que tamén participa na rolda. Segundo explica o Clúster, entrada do Club de Investidores no capital de Centum “tamén arrastrou a outros investidores privados de renome nacional e internacional no sector aeronáutico, como o actual presidente do Cluster aeronáutico de Baviera, que acudiu á rolda de investimento tras a aposta do Club galego”. A compañía pecha así a a súa primeira rolda de investimento na que captou máis de 700.000 euros entre empregados, Club de Investidores do Cluster TIC (200.000), Xesgalicia (250.000) e investidores privados e prepara xa unha segunda rolda para o segundo semestre de 2015.
O Club de Investidores continúa analizando outros 4 proxectos, un dos cales xa foi aprobado para rolda final de negociación, prevendo abrir unha nova convocatoria de presentación de proxectos no mes de xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?