Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O blog Caderno de Crítica, de novo premiado pola AELG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O blog Caderno de Crítica, de novo premiado pola AELG

Redacción
Publicado: 11/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

caderno_critica.jpgA Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de dar a coñecer as obras e autores distinguidas na edición 2015 dos Premios AELG. Entre as achegas recoñecidas atopamos un ano máis a Ramón Nicolás polo seu blog sobre literatura galega Caderno da crítica, espazo web xa distinguido dende 2013 en adiante pola asociación, tal e como fixemos saber no seu día dende Código Cero. Nicolás, profesor de lingua e literatura galega, crítico e tradutor, é dende hai anos unha referencia en materia de promoción das nosas letras (e a nosa Rede), actividade materializada no suplemento Fugas de La Voz e, sobre todo, no devandito blog galardoado pola AELG, dende o que dá conta das principais novidades literarias galegas cunha linguaxe accesible e directa.
A AELG entregou os seus recoñecementos na Gala das Letras, celebrada no Círculo das Artes de Lugo. No acto tamén se deu a coñecer que a novelaA viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz foi elixida como o mellor título de 2014 en narrativa polos centos de socios e socias. A continuación, incluímos a listaxe completa de premiadas e premiados:
Mellor tradución: Darío Xohán Cabana por A Divina Comedia, de Edicións da Curuxa.
Mellor obra de teatro: Obras completas.Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño en Edicións Positivas.
Mellor ensaio: Helena Miguélez-Carballeira por Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Através Editora.
Mellor obra narrativa: Agustín Fernández Paz por A viaxe de Gagarin, de Edicións Xerais.
Mellor obra de poesía: A distancia do tambor de Eva Veiga, en Espiral Maior.
Mellor blog literario: Caderno de crítica de Ramón Nicolás
Mellor obra de Literatura Infanto-Xuvenil: Penúltimas tendencias de Carlos Negro, de Edicións Xerais.
Mellor traxectoria en xornalismo cultural: Montse Dopico.
Premio Bos e Xenerosos: Xosé María Palmeiro, Manuel Lombao, Tareixa Navaza, Margarita Ledo.
Premio Institución Culturais: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación de Medios en Galego.
Premio Mestras-es da Memoria: Josefa Arias e Emilio do Pando.
Escritor Galego Universal 2015: Luiz Ruffato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?