Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia participa arreo no Concurso Europeo de Navegación por Satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia participa arreo no Concurso Europeo de Navegación por Satélite

Redacción
Publicado: 10/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

esnc-1015.jpgO Concurso Europeo de Navegación por Satélite, do que falamos os días pasados con motivo da súa presentación no Porto do Molle (Nigrán), é un certame internacional de innovación que salienta as mellores ideas e proxectos para a creación de aplicacións dirixidas á devandita tecnoloxía aeroespacial. O concurso, que xa comezou (encetou a súa andaina 2015 o primeiro de abril) ten aberto prazo para a presentación de propostas ata o vindeiro 30 de xuño. O evento ESNC 2015, segundo nos lembran dende o centro AtlantTIC, repartirá premios valorados en 1 millón de euros. E todo sen importar o estado de desenvolvemento no que se atope o proxecto, servizo ou idea de negocio. Segundo engaden fontes da organización, é unha magnífica oportunidade para a nosa emerxente industria tecnolóxico-aeroespacial.
O certame vén da man da Axencia Espacial Europea (ESA), GSA, o DLR, a Oficina Europea de Patentes, o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais e o Ministerio alemán de Economía e Enerxía. Desde 2004, ano en que empezou con só tres áreas xeográficas asociadas, o ESNC foi medrando ata converterse nunha gran rede mundial de innovación e coñecemento con 25 áreas asociadas e máis de 200 expertos industriais e científicos de todo o mundo. Preséntanse da orde de 400 ideas a cada edición e conta cunhas 250 empresas do sector aeroespacial como socios. De todas as ideas presentadas, o 70% incúbase e un 30% acaba xerando unha SME do sector aeroespacial.
En Galicia o concurso está a ser convocado baixo o epígrafe Galician Community Challenge. Conta en labores de coordinación co profesor da Universidade de Vigo, Francisco J. Diaz-Otero. Tamén participan o Consorcio da Zona Franca (socio principal) en colaboración co IGAPE e GAIN. Trátase, segundo informan estas entidades, dunha convocatoria dirixida a empresas, emprendedores, investigadores, estudantes e inventores.
Como dixemos, ESNC 2015 repartirá premios valorados en 1 millón de euros aproximadamente, sen atender ao estado de desenvolvemento do proxecto. De feito, algúns premios están orientados a favorecer a materialización da idea inicial para convertela nunha realidade empresarial. Os premios inclúen acceso á incubadora de empresas, formación para emprendedores, consultoría de patentes, apoio á realización de estudos de mercado, apoio técnico, apoio á comercialización e acceso a expertos e financiamento público.
Os socios estatais son Galicia, Euskadi, Madrid e Valencia, e a través destas convocatorias autonómicas poden participar todos os aspirantes do ámbito español. En Galicia, o premio ao gañador autonómico é un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, socio principal da inicaitiva en colaboración coa Universidade de Vigo, o IGAPE e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?