Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A segunda misión do Clúster TIC asenta os alicerces de novos pactos de colaboración con Colombia, Ecuador e Portugal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A segunda misión do Clúster TIC asenta os alicerces de novos pactos de colaboración con Colombia, Ecuador e Portugal

Redacción
Publicado: 19/06/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mision_inversa_segunda_cluster_tic.jpgOs días pasados, tal e como anunciamos dende Código Cero, desenvolveuse da man do Clúster TIC Galicia un programa de actividades destinadas a estreitar relacións empresariais entre o noso sector tecnolóxico-dixital e firmas, entidades e institucións da outra beira do Atlántico. Falamos da segunda Misión Comercial Inversa, unha iniciativa para abrirmos negocio en Colombia e Ecuador, e tamén nun país que nos toca ben de preto dende tódolos puntos de vista: Portugal (a través do TICE.PT). A nova Misión desenvolveuse ao longo de catro días, e o Clúster TIC brindou aos seus integrantes a oportunidade de coñecer a situación e as estratexias que se están a executar nestes países, as necesidades detectadas e os avances logrados en materia de innovación e nas TIC.
De xeito complementario, as nosas empresas e entidades puideron amosar en detalle os seus proxectos e potencialidades, así como produtos e servizos xa dispoñibles e que poden ser acaidos para as necesidades específicas dos convidados internacionais.
A dirección do Clúster TIC Galicia tamén aproveitou para dar conta, en clave colectiva, do seu ecosistema: un tecido empresarial de “grandes integradores e exportadores”, con PEME especializadas con produto, con 5 centros tecnolóxicos e con máis de 2.290 empresas TIC, ao que cómpre engadir colaboracións internacionais con outros clústeres, como é o caso de Portugal, Alemaña, Reino Unido e Suecia. “Todo isto”, fixo saber a entidade galega, “permítenos desenvolver a nosa propia estratexia de especialización que baseamos en tres eixos principais, o Goberno Electrónico, no que potenciamos o desenvolvemento das Cidades Intelixentes, a saúde, a educación, o transporte e a participación; a Intelixencia Artificial para fortalecer o traballo na intelixencia das bases de datos, o descubrimento de patróns e a simulación de procesos; e a Internet das Cousas para xerar oportunidades na comunicación integral no fogar e na saúde, a fábrica do futuro, a loxística internacional e o coche conectado”.
O Clúster tamén lembrou que representa a un sector que xera xa máis de 15.000 empregos estables e de alta cualificación de Galicia.
Por certo que o desenvolvemento da segunda Misión tamén deu cabida á presentación perante os representantes internacionais do proxecto Coruña Smart City, que acolleu (entre outras cousas) unha demostración práctica de datos recollidos en tempo real na contorna urbana da cidade. Tamén se achegou luz sobre os avances dados en servizos como o sistema de rego, o consumo enerxético, o transporte urbano ou a información de lecer e turismo. Asemade, fíxose saber que o gran obxectivo de Coruña Smart City é “conseguir unha cidade líder en benestar e calidade de vida, con máis e mellores oportunidades para o seu desenvolvemento económico e sustentable”.
Na segunda Misión tamén participaron os centros nosos integrantes do tecido investigador TIC, como o Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación – Universidade de Vigo (AtlantTIC); a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA); o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións – Universidade de A Coruña (CITIC); o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información – Universidade de Santiago de Compostela (CiTiUS); e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), que amosaron as súas principais liñas de investigación, as colaboracións empresariais e os resultados obtidos nos mercados europeos. Amais, nun plano máis específico, expuxeron os seus avances en materia de sanidade, motor, intelixencia artificial, enxeñaría de datos, robótica, seguridade e sociedade dixital.
Pola súa parte, os representantes americanos compartiron coas empresas e entidades galegas un completo panorama de oportunidades de medre e colaboración. Segundo fixeron saber, o crecemento do sector do software e TI na contorna latinoamericana foi dun 177%, e estímase que Colombia liderará esta tendencia alcista. A compra de alta tecnoloxía por parte do goberno, o incremento do consumo entre a cidadanía e a alta poboación existente xeran múltiples oportunidades de negocio. De especial mención as solucións industriais verticais en enerxía, saúde, enxeñaría e as Cidades Intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?