Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC abre o prazo para participar en Capital Network 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC abre o prazo para participar en Capital Network 2015

Redacción
Publicado: 25/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccn_2014.jpgO Clúster TIC Galicia vén de abrir o prazo para presentar proxectos á edición 2015 do CCN | Clúster TIC Capital Network, iniciativa para facilitar o coñecemento e contacto entre emprendedores TIC e investidores privados e que constitúe, en palabras da plataforma empresarial, “unha oportunidade para dar apoio á creación e ao medre de empresas de base tecnolóxica en Galicia”. Desta volta, a iniciativa dará acubillo a unha xornada de achado de novos proxectos empresariais na que as startups participantes poderán presentar ante investidores privados as súas ideas de negocio.
Segundo informa o Clúster sobre o procedemento de aprobación de propostas, “dado que as prazas para a xornada son limitadas, os proxectos empresariais que amosen interese en participar na iniciativa pasarán un sinxelo filtro para escoller as iniciativas que se adapten ás características e as posibilidades de financiamento dos investidores privados asistentes”. De especial interese son os proxectos xurdidos nos grupos de investigación das universidades que conten con patentes ou con propiedade intelectual rexistrada, engade a plataforma, que explica que os proxectos que superen o devandito filtro participarán na xornada final de presentación ante os investidores co obxectivo de acadar o financiamento preciso que lles permita sacar adiante a súa idea de negocio.
O Clúster tamén lembra que o pasado mes de novembro constituíse o Club de Investidores no que participan, ata o de agora, oito empresas socias que son Altia Consultores, Bahía Software, Clictic, Imatia Innovation, Grupo Itelsis, JDLV Inversores, Plexus e R; e que asumiron o compromiso de investir, cada un, un mínimo anual de 50.000€ en startups galegas baseadas nas TIC. Ademais de apoio financeiro, o Club fornece asesoramento en áreas técnicas e de xestión aos proxectos empresariais incipientes. O primeiro investimento da alianza fíxose o pasado mes de maio no proxecto empresarial Centum Research & Technology, compañía especializada no deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas aeronáuticos de misión, tanto para plataformas aeronáuticas tripuladas como drons, que se dirixen principalmente a operacións no ámbito das emerxencias e a seguridade.
As startups seleccionadas, como dixemos, participarán na xornada de descubrimento de proxectos que se celebrará na última semana de xullo, na que terán a ocasión de facer unha presentación individual da súa idea de negocio ante o Club de Investidores do Clúster TIC Galicia así coma outros investidores públicos e privados invitados. A xornada está co-financiada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través da convocatoria 2015 de Axudas para Proxectos de Iniciativas Abertas de Difusión co-financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?