Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Noite da Informática de Galicia na que se fai acto de entrega dos premios anuais organizados polo CPEIG.
Tamén destacamos outros temas como:
– A (OVT) de Galicia achega un informe sobre a actividade xerada en 2014
– AGASOL xunta expertos do software baixo o espírito da revolución e a ilusión
– A USC organiza un ambicioso e pioneiro máster en información masiva
– A web de MeteoGalicia mellora a información de predición por concellos
– Arranca a nova edición de Galicia Open Future da man de Telefónica e AMTEGA
– O proxecto Abalar, debullado polo presidente da Xunta dende o CPEIP de Abegondo
– A TVG na procura do Amor.gal
– O CPEIG premia a AMTEGA, Teimas, Eva Dafonte e Promedia
– O CPEIG recoñece a traxectoria de Benigno Rosón e os desenvolvementos de Jesús Peón
– Miguel Ángel Ríos Fernández, elixido Colexiado de Honra polo CPEIG
– A iniciativa Galicia Open Future de Telefónica, premiada polo CPEIG
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
