Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As nosas empresas amosan en xullo o seu potencial para crear unha gran factoría de drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As nosas empresas amosan en xullo o seu potencial para crear unha gran factoría de drons

Redacción
Publicado: 30/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dron_salvamento.jpgO proxecto para crear un polo industrial para a fabricación de compoñentes de drons na nosa terra, proceso que avanzamos hai un mes dende Código Cero, segue adiante e semella que a bo ritmo. Segundo fixo saber este luns o Goberno galego, o polo industrial (que vai estar emprazado nas Rozas) será o obxecto o mes vindeiro dunha xuntanza multilateral para amosar en detalle o que están dispostas a facer ao abeiro deste polo as nosas empresas tecnolóxicas. A cita será os días 20 e 21 de xullo a Cidade da Cultura e o obxectivo é reunir a todas as empresas que teñen manifestado o seu interese en participar no proxecto de avións non tripulados, “tanto para ser escollidas como socio tecnolóxico da Xunta, como para tomar parte nos procesos de compra pública innovadora que se levarán a cabo o ano que vén”.
A xuntanza permitirá, en palabras da Axencia Galega da Innovación, explicar os requisitos da iniciativa, afondando nas posibilidades que ofrecen os avións non tripulados no desempeño de servizos públicos como a vixilancia forestal, o control de recursos pesqueiros ou o salvamento marítimo. De feito, explica a axencia, as empresas que compitan polo contrato deberán acreditar a capacidade precisa para investigar a aplicación dos sistemas aéreos non tripulados de uso civil a este tipo de retos”.
As dúas xornadas tamén serán “unha ocasión inmellorable para que as empresas e os centros de investigación galegos establezan alianzas cos candidatos a socio tecnolóxico do polo de cara a presentar as mellores ofertas”, engádese. Para participar no obradoiro, os interesados deben enviar cuberta, ao enderezo programas.gain@xunta.es, a solicitude de manifestación de interese, cuxo prazo de presentación vense de ampliar ata o 30 de xuño ante o gran número de peticións.
Na cita, as firmas terán á súa disposición “un espazo expositivo no que amosar e dar a coñecer os seus novos avances tecnolóxicos”. Ademais, celebraranse reunións de traballo destinadas a amosar puntos de vista e posibilidades futuras de cooperación ao abeiro do devandito polo industrial. Polo que atinxe á propia contorna das Rozas, está prevista nas súas instalacións unha visita para expoñer diante das empresas participantes os labores que se desenvolven ao abeiro do Centro de Investigación Aerotransportada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?