Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fantastic-5G, outra volta á banda larga móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fantastic-5G, outra volta á banda larga móbil

Redacción
Publicado: 09/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fantastic-5g.jpgAgardando aínda a que chegue o 4G sobre a banda de 800 Mhz (20 de xullo) e contarmos coas conexións LTE de máxima calidade que poden ofrecer os operadores a España, a banda larga segue avante coa súa evolución e os fabricantes xa anuncian as redes de telecomunicacións móbiles do futuro co estándar 5G co chamado proxecto Fantastic-5G para desenvolver a nova interface aérea coa que tirarlle o meirande rendemento posible á capacidade das redes móbiles.
E cal sería o seguinte chanzo a subir no sector das redes móbiles de telecomunicacións? Trátase de tentar concentrar nunha mesma contorna un número en aumento de teléfonos móbiles, tabletas e dispositivos weareable, que convivirán á súa vez con múltiples obxectos conectados á Rede grazas ao avance da Internet das Cousas. Estas novas necesidades requiren o deseño dunha nova interface aérea quen de xestionar de maneira sustentable a conexión do dispositivo conectado á rede móbil e á información transmitida.
Fantastic-5G, nace froito da unión dos principais fabricantes de dispositivos electrónicos e provedores de servizos de telecomunicacións do mundo, que ao longo de dous anos tratará de desenvolver esta nova interface no espectro de frecuencias de 6 GHz. Entre as súas características salienta a adaptabilidade, pois permitirá soportar distintas clases de datos transmitidos e multitude de dispositivos diferentes. Todo iso axustándose en cada intre ao medre de número de trebellos conectados que irán aparecendo e sen perder de vista nin a eficiencia enerxética, nin as condicións para actualizar software no futuro.
Quen son os implicados neste proxecto? Detrás de Fantastic-5G están compañías de referencia no eido como as operadoras Orange, Telecom Italia, fabricantes como Alcatel-Lucent, Huawei, Intel, Nokia, ou Samsung, e centros de investigación como o Centre Tecnològic de Telecomunicacions de Catalunya, e foi financiado con fondos públicos europeos recibindo unha inxección de 8 millóns de euros, dentro do marco Horizon 2020, marcado por Bruxelas para conseguir desenvolver as redes 5G no noso continente.
A engadir que, grazas a esta tecnoloxía, mellorará aínda máis a cobertura móbil en interiores e zonas afastadas, así como permitirá a conexión dun maior número de dispositivos á Rede, todo iso soportando velocidades estándar de 20 Gbps e que xa demostraron ser 250 veces máis rápidas que o actual estándar 4G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?