Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es e Intel impulsarán xuntas a Internet das Cousas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es e Intel impulsarán xuntas a Internet das Cousas

Redacción
Publicado: 09/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

acordo_intel_red.es.jpgRed.es e Intel Corporation asinaron esta semana un acordo para “impulsar a transformación dixital do tecido produto español”. A alianza foi dada a coñecer nos seus detalles polo secretario de Estado de Telecomunicacións, Víctor Calvo-Sotelo, e o director xeral EMEA de Intel, Christian Morais. O protocolo de colaboración tamén se dirixe a impulsar a innovación aberta, o desenvolvemento de Cidades Intelixentes, a formación en economía dixital e o coñecemento arredor da Internet das Cousas.
Este último concepto, como lembraremos, é a evolución natural da Sociedade do Coñecemento e da economía conectada cara unha realidade na que obxectos e persoas vivan interconectados, tendo as cousas a capacidade de dar datos de seu e comunicarse coa súa contorna. Na presentación do acordo ante os medios, Morais fixo saber que a Internet dos obxectos “abre un mundo de oportunidades na economía dixital”. E engadiu: “As iniciativas que hoxe compartimos pretenden impulsar e facilitar o acceso aos elementos que permiten engadir intelixencia e conectividade aos obxectos cotiáns, de maneira que os emprendedores e pequenas empresas sexan quen de capitalizar esta oportunidade”. Isto, dixo, fornece un efecto duplo na xeración de emprego e na mellora competitiva da economía estatal.
Dentro dos termos deste acordo ambas as entidades comprométense a pór en marcha diferentes iniciativas e promover a procura de novas sinerxías cos seus programas co obxecto de contribuír ao fomento e desenvolvemento da Sociedade da Información en España. Será pois, engadiron, “un programa conxunto que fomente a innovación, o emprendemento dixital e creación do tecido empresarial tecnolóxico español, así como tecnoloxías emerxentes como a Computación na Nube ou a Internet das Cousas”.
Entre as principais iniciativas que se activarán tralo protocolo salienta a participación de Intel no programa España Open Future, que impulsa Red.es xunto con Telefónica e que comparte espazo e recursos coa edición galega deste programa, Galicia Open Future, da que falamos onte para dar conta de que está aberta a fase de presentación de candidaturas para a súa segunda convocatoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?