Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación galega Emoji & Face leva divertidos extraterrestres ás emoticonas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación galega Emoji & Face leva divertidos extraterrestres ás emoticonas

Redacción
Publicado: 16/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emoji_face.jpgA aplicación galega Emoji & Face, desenvolvida polo emprendedor galego Adrián Rodríguez, vén de ser obxecto dunha actualización que tende pontes para que os personaxes chamados Moonslimes tomen os dispositivos intelixentes e lles dean un “toque divertido” ás emoticonas. Así nolo conta o propio Adrián, que engade que o seu propósito, con esta actualización, era afastarse (e afastarnos) dos clásicos (e manidos) círculos amarelos das figuras tradicionais. Pola contra, os Moonslimes irrompen neste ámbito achegando a súa feitura de seres xelatinosos e viscosos que lembran, sen dúbida, á consistencia dun xogo típico dos anos oitenta: o Blandi Blub.
A historia da chegada destes seres extraterrestres (os Moonslimes) á plataforma Emoji & Face aparece relatada ao detalle na propia web desta aplicación, lista para a súa lectura en castelán, inglés e chinés. A lenda, sinala Adrián, ten catro protagonistas (Ben, o exitoso; Sumiko, a guerreira; Daniel, o alegre; e Jamila, a dócil) con tendencia a meterse en todo tipo de situacións divertidas, cousa visible nas propias figuras desenvolvidas (podemos velos facendo actividades comúns como rirse ou durmir, ou mesmo bebendo unha cervexa). Todos eles, engade Adrián, “teñen en común que son alegres e visualmente rechamantes, co obxectivo de dar un novo aspecto ao ámbito das iconas emocionais”.
emoji_face2.jpgOs Moonslimes xa están dispoñibles en Apple Store. A aplicación permite compartir a estes seres doutro planeta con calquera usuario a través de todas as apps de mensaxería, redes sociais ou correo electrónico. Ademais, conta cun teclado de balde para que o instalemos no noso iPhone e teñamos “todas as nosas emoticonas accesibles desde calquera aplicación”.
Emoji & Face
O servizo Emoji & Face é, en palabras do emprendedor galego Adrián Rodríguez, a única aplicación do mundo centrada en emoticonas xeométricas. Tanto en significado coma en implicacións, os seus símbolos van alén do coñecido ata o de agora, adoptando múltiples, variadas e innovadoras feituras: triángulos, cadrados, pentágonos, hexágonos, rombos ou estrelas, “dando vida a personaxes de distintas culturas e razas”, explicaba Adrián no intre do seu lanzamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?