Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As charlas TEDxGalicia deste sábado inclúen programación aberta pola mañá
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As charlas TEDxGalicia deste sábado inclúen programación aberta pola mañá

Redacción
Publicado: 18/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tedxgalicia.jpgEste sábado celébranse na Cidade da Cultura as charlas TEDxGalicia, edición 2015, unha nova andaina de faladoiros abeirados á dita marca-distintivo e que constitúe “unha edición especial” centrada na cultura e na creatividade e conectada cos obxectivos do Centro de Emprendemento do Gaiás (colaborador do evento). A nova edición dos encontros desenvolverase pola tarde no Museo Centro Gaiás, incluíndo, perante “a extraordinaria resposta do público”, unha programación complementaria pola mañá, aberta a todos os que desexen asistir e non conseguiron mercar unha entrada.
Co título Realidades trala percepción, esta edición de TEDxGalicia conflúe (como dixemos) coa actividade do Centro de Emprendemento do Gaiás, un espazo no que máis de duascentas persoas están impulsando proxectos empresariais innovadores no coworking, no viveiro de empresas ou no espazo de crowdworking Galicia Open Future. Os faladoiros desenvolveranse entre as 16 e as 20 horas de mañá.
Os relatores de TEDxGalicia 2015 serán o investigador xurídico da USC, Miguel Vieito; a co fundadora da empresa de nanotecnoloxía Nanogap, Tatiana López; o activista Lucas Requejo; a traballadora social Cristina Palacios; o radiólogo Roberto García; Fátima Ezzahra; o creador do espazo de coworking madrileño utopic_US, Rafa de Ramón; a mestra fundadora de Realkiddys, Alba Alonso; e o docente Manel Rives, especializado en bLearning e mLearning. Un completo cadro de participantes, nos que destaca o carácter tecnolóxico de moitos dos seus proxectos.
Este tipo de encontros TED, lembra a organización, xurdiron nos Estados Unidos e logo acadaron unha difusión a escala mundial “sen precedentes” ao combinar un formato creativo, con intervencións breves e un panel de oradores integrado por xente como Bill Gates, Bill Clinton, Jane Goodal, Frank Gehry, Paul Simon, Philippe Starck ou Bono. “A idea TED”, engaden, “espallouse rapidamente xerando unha comunidade internacional de millóns de seareiros, conectados grazas á difusión que estas charlas teñen a través das redes sociais, con plataformas como Youtube onde se poden atopar vídeos TED grabados en cen idiomas diferentes”.
Para quen queira ver o programa de actividades, teno á súa disposición nas web cidadedaculturaga.gal e tedxgalicia.com, nas que se detalla tamén o perfil dos relatores que participarán. Ademais, os vídeos de todas as charlas estarán en poucos días a disposición de quen desexo velos a través da canle de Youtube de TEDxGalicia. Por certo que a anterior edición deste programa de faladoiros na nosa terra tivo lugar en Carballo, baixo o lema Faino ti mesmo e cun bo número de representantes do sector das tecnoloxías e a innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?