Faino ti foi o lema da última edición de TEDxGalicia
venres, 23 de xaneiro do 2015
Tras un pequeno axuste de calendario, a edición de 2014 do
evento TEDxGalicia celebrouse no Pazo
da Cultura de Carballo, enclave que cumpriu á perfección o seu papel de sede
dun encontro con centos de asistentes no que unha boa selección de relatores ilustraban
sobre diversos temas ao redor do lema deste ano: Faino ti.
Precisamente moi acaÃdo coa temática da xornada os responsables de Vermis
Project, Marcos e Enrique Saavedra, deron conta do movemento Makers, que
mediante garaxes e laboratorios repartidos por todo o mundo para compartir
coñecemento, resolver problemas e emprender proxectos revolucionarios están a
democratizar a innovación grazas a tecnoloxÃas cada vez máis asumibles como as
impresoras 3D ou a cortadoras láser. Todo un fenómeno que vai contribuÃr a
mudar o mundo que nos rodea.
Blanca Olivié instou á reflexión sobre o obxectivo vital de cadaquén; LucÃa
Santiago presentou o proxecto Onde hai
MÚSICA; Pedro Giménez abordou a
necesidade da responsabilidade social corporativa e da necesidade de trasladar
os valores das ONG á empresa; MarÃa Castro deu conta do seu proxecto solidario
Juntos Podemos, un exemplo de participación e actuación cidadá; Ana Corredoira
deu conta da revolución que estaban a experimentar na súa granxa; e Juanjo DÃez
puxo en valor o rol da música.
Tras estes relatorios, Iván Gómez de
Classora, quixo expor as chaves da tecnoloxÃa da súa empresa, que aborda temas
tan de actualidade como o big data e
o open data, para o que se valen de
robots integradores e robots semánticos, facilitando converter a grande
cantidade de datos que hai na Internet en información, que finalmente poida traducirse
en coñecemento. Unha peneira datos que permitirá tirar proveito á revolución da
información que estamos a vivir.
Pola súa banda, Iñaki Quenerapu
contou a súa experiencia organizando un desfile de persoas disfrazadas de
soldados imperiais en Santiago de Compostela para celebrar o 30º aniversario de
O Imperio Contraataca, o que vén a
ser un magnÃfico exemplo de aplicación da teorÃa de tribos que sostén Seth
Godin, ou sexa, que as redes sociais facilitan que tarefas titánicas poidan
levarse adiante grazas ás posibilidades do crowdsourcing
e á auto-xestión que xorde de xeito natural de comunidades cun obxectivo común.
Despois de que a artista Milagros Cotelo narrase a súa historia de superación,
Jorge Cebreiros quixo reivindicar o papel dos empresarios na nosa sociedade,
como creadores de emprego e riqueza, e destacando que a meirande parte dos
empresarios son os que están detrás da meirande parte dos negocios que temos en
España, onde impera a PEME, e que cos seus valores conseguen manter a nosa
economÃa.
Para rematar, Fernando Sánchez Salinero
denunciou a situación actual da nosa sociedade cada vez mais polarizada, que
deu en chamar Extremistán.