Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Zarpamos abre a súa convocatoria de captación internacional de startups
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Zarpamos abre a súa convocatoria de captación internacional de startups

Redacción
Publicado: 18/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zarpamos_captacion.jpgHai dous anos durante o encontro Galicia Innovation organizado por Zarpamos, a aceleradora galega entrou en contacto con The Academic College of Tel Aviv; universidade privada israelí, especializada en startups de software e innovación, con experiencia de aceleración en máis de trescentas empresas. Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración en maio do 2014 co obxectivo común de fomentar a transferencia de coñecemento e a xeración de negocio, o que permite realizar a actual convocatoria de captación para startups en setembro deste ano, unha oportunidade para todos aqueles que queiran desenvolver a súa idea de negocio.
Para esta convocatoria os perfís de procura das startups son os seguintes: Fintech (ámbito financeiro), Health (ámbito da saúde), E-commerce, Turismo e Sector primario. Os motivos da selección destes e non outros ámbitos de negocio son comúns para ambos os países, aínda que por motivos diferentes en cada caso. Para o noso país sectores como o e-commerce e o turismo implican internacionalización, un obxectivo prioritario neste caso. Convén aclarar que a selección non é excluínte e poden presentarse outro perfil de candidatos e sectores, pero si se consideraron os cinco anteriores como ámbitos prioritarios.
Unha das prioridades fundamentais do programa é que as startups seleccionadas teñan unha clara vocación internacional, vontade de saír fose e ter unha visión global do negocio. A diferenza fundamental deste programa é que o apoio non se limita ao comezo da colaboración, senón que o que se pretende é crear un vínculo de talento entre aceleradora e empresa creada, xerando networking e sendo socios do proxecto. Cun obxectivo de lanzar dez empresas cada ano, nun prazo de tres anos Zarpamos sería partner de trinta empresas en total.

Os finalistas puideron amosar os seus proxectos ante mentores e partners do Concurso motiON
Os finalistas puideron amosar os seus proxectos ante mentores e partners do Concurso motiON
A convocatoria pública de recepción de candidaturas abriuse o 16 de setembro, e as bases do programa pódense atopar na propia web de Zarpamos, finalizando o prazo de recepción de candidatos o 1 de novembro, iniciándose entón o proceso de selección de 30 proxectos elixidos polos mentores, empresas e grupos de capital que participan no proxecto.
Os candidatos deberán expoñer a súa idea en mesas de traballo que se celebrarán os días 10 e 11 na Coruña . Dunha primeira fase de selección, permanecerán 20 proxectos que estarán na aceleradora traballando de forma intensa o seu modelo de negocio, plan de viabilidade, debilidades… e que se someterán a unha peneira final na que se escollerá ás dez definitivas. As startups afortunadas gozarán de seis meses de aceleración con mentores de recoñecido prestixio nacional e internacional e dunha estancia de oito semanas na aceleradora Hatima da Universidade Privada de Tel Aviv.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?