Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os desafíos dos xornalistas para o futuro centraron a recta final da xornada do CCG sobre cultura e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os desafíos dos xornalistas para o futuro centraron a recta final da xornada do CCG sobre cultura e comunicación

Redacción
Publicado: 22/09/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_carlosorrentino_xoselopez_mg_6076.jpgO encontro deste luns organizado polo Consello da Cultura Galega, a xornada Cultura e comunicación na Europa do século XXI, foi finalmente un fervedoiro de ideas e propostas arredor das claves para crearmos, entre todas e todos, un tecido TIC que permita unha cidadanía máis activa, unha cultura máis aberta e unha profesión, a de xornalista, máis implicada na evolución dos acontecementos tecnolóxicos. Amais das declaracións a prol disto do profesor Víctor Sampedro, das que falamos onte polo miúdo, houbo máis voces que avogaron por facer da cultura un ben integralmente común e das tecnoloxías espazos críticos de reflexión para un mundo mellor e nos que se respecte o diverso. Voces como por exemplo as de Carlo Sorrentino, profesor de Socioloxía dos Procesos Culturais e Comunicación, da Università di Firenze, quen puxo sobre a mesa como a Rede muda o concepto de esfera pública que pasa a xerar unhas identidades máis diversificadas e individualizadas.
Segundo Sorrentino a día de hoxe importa a visibilidade e, nese contexto, o xornalismo transformou o seu papel ao apareceren tamén outros “recipientes” que nos axudan a crear novas narrativas sobre a realidade. A sesión da mañá completouse co relatorio de Mary McCarthy, directora da National Sculpture Factory que falou desde un punto de vista creativo da divulgación do centro que dirixe cun relatorio titulado Arts activity in a time of national crisis. An Irish perspective.
A sesión da tarde tivo un carácter práctico e nela responsables de publicacións de ámbito cultural expuxeron en primeira persoa a súa situación. Blanca Berasátegui, directora de El Cultural, afirmou que a obriga dun xornalista cultural pasaba por diferenciar entre difusión e calidade e a así como axudar a xerarquizar e instruír a cidadanía. Foron Carles A. Foguet, un dos fundadores dunha das revistas culturais de máis éxito dos últimos tempos como é Jot Down, e Marta Peirano, responsable de cultura de eldiario.es e que completaron as experiencias prácticas. Para Peirano “o noso traballo non é criticar, senón ofrecer ferramentas para a xente saiba comprender a realidade”, mentres que para Foguet falou da evolución desta plataforma que naceu como un magazine e que se converteu nunha empresa de comunicación e difusión cultural. Os tres amosaron a importancia de rendibilizar e capitalizar a cultura. “Hai que pagar ao creador, as ideas teñen dono e ese capital e esa rendibilidade dá liberdade e independencia ao traballo” apuntou Blanca Berasátegui.
Un pouco antes, Raquel Martínez, profesora da Universidade de Valladolid e Javier Pantoja, xefe da Área de Desenvolvemento Dixital do Museo Nacional del Prado explicaron a importancia de comunicación desde os centros e institucións culturais. Para Martínez os museos están empezando timidamente a abrirse ás redes sociais e, no caso dos centros de arte contemporáneo, co obxectivo de converter o público virtual en presencial. Javier Pantoja explicou que no caso do Museo do Prado a súa estratexia de comunicación está pensada para aumentar o potencial da rede social.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?