Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A taxa de fogares conectados á Rede con banda larga medrou este ano nun 8,5%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A taxa de fogares conectados á Rede con banda larga medrou este ano nun 8,5%

Redacción
Publicado: 02/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_traballando-2.jpgO Instituto Nacional de Estatística vén de publicar datos sobre equipamento e uso das TIC que complementan as recentes informacións achegadas polo observatorio OSIMGA sobre o uso e dispoñibilidade de banda larga nos fogares galegos ao longo do ano en curso (o 70,3% das nosas familias xa dispoñen de Rede de banda larga). No que respecta ao informe do INE, que nos chega agora a través de OSIMGA, sinálase que o 75% dos domicilios galegos están conectados á Rede mediante banda larga, un 8,5% máis ca no ano 2014. Isto significa que Galicia está a tres puntos de distancia da medida estatal. O incremento na nosa terra foi do 61% se falamos do último lustro (en 2010 a taxa era do 46,5%).
Segundo os datos que ofrece o INE, o 73% dos fogares galegos dispón de polo menos un computador, sendo a suba do 0,6% con respecto aos datos do ano anterior. A media estatal (76%) rexistrou un medre do 1,6% no último ano. Por conexión, entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet, un 79% adoita facelo a través de dispositivos de man, 2 puntos máis que a media estatal. A conexión a Internet a través de rede por cable ou fibra óptica sitúase nun 29%, 1 punto máis que a media estatal. No que atinxe ao tamaño do hábitat, o informe salienta que o ritmo de medre dos indicadores relacionados coa dotación de equipamento TIC nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes (o 82% do total) é superior ao incremento estatal. Nestes municipios a conexión de banda larga medrou un 12,2% mentres que a media estatal creceu tan só un 9,4%, sinala a investigación do INE e reflicten os investigadores do observatorio OSIMGA, facendo fincapé nos números e nos indicadores aplicados á nosa terra. O observatorio tamén sinala que nos concellos con poboación de 20.000 a 50.000 habitantes, a media galega segue a superar á estatal nos 3 indicadores principais: vivendas con ordenador, con acceso a Internet e con banda larga. A porcentaxe de vivendas con ordenador acada case o 80%, superando a media estatal en 6 puntos.
Na investigación tamén se lembra que o 68% das galegas e galegos empregaron o computador nos últimos tres meses e un 72% tirou proveito de Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 3,9%, con respecto ao ano anterior, semellante ao crecemento do conxunto do Estado (3,7%). Por outra banda, un 30% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, situándonos a 2 puntos da media estatal (32%) e experimentando un crecemento do 15,8% respecto ao ano anterior.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?