Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chuza! lanza oficialmente o portal de preguntas e respostas colaborativas oQue.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Chuza! lanza oficialmente o portal de preguntas e respostas colaborativas oQue.gal

Redacción
Publicado: 25/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oquegal-2.jpgA Asociación Cultural Chuza! vén de comunicar oficialmente a posta en marcha dun dos seus novos e máis ambiciosos proxectos: o portal web de preguntas e respostas colaborativas oQue.gal. A iniciativa, que xa deixou atrás a fase de probas, ten a súa orixe nos atrancos postos polo Goberno central para a continuidade de agregadores como Chuza.org, o que alentou aos integrantes da asociación a procurar “un novo marco” no que desenvolver o seu traballo e compromiso coa lingua e coa información independente. Froito desta procura é o pulo dado a oQue.gal, unha web que salienta por amosar unha adhesión sen físgoas á cultura colaborativa e aberta, tanto na forma coma no fondo. De feito, apóiase integramente en ferramentas de código aberto. A intención: ofrecer un servizo “que non existe ata o de agora na Rede galega, ben como servir de complemento a outras redes sociais xa existentes”.
Segundo nos lembran, “trátase dun proxecto aberto a todo tipo de colaboracións da comunidade e ás diferentes normas que se empregan na actualidade na escrita do idioma galego”. Así, calquera usuario que acceda á web poderá facer as súas preguntas ou respostar as doutros usuarios​, ademais de votar as mellores respostas​, que serán ordenadas segundo a valoración dos propios usuarios. Ademais, engaden, un sistema de puntuación recompensará aqueles usuarios que a comunidade considere máis axeitados. A supervisión dos contidos virá da man dun grupo de administradores e moderadores.
O portal inspírase noutras webs semellantes que xa foron quen de deixar pegada e xuntar importantes colectivos, como por exemplo Quora ou Stack Overflow. O software empregado en Oque.gal é Question2answer, usado tamén noutros portais de preguntas e respostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?