Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os xogos de Little Smart Planet, dispoñibles para os clientes de Vodafone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Os xogos de Little Smart Planet, dispoñibles para os clientes de Vodafone

Redacción
Publicado: 25/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_litlle_smart_planet.jpgVodafone España vén de facer pública unha novidade relativa á súa aposta a prol da educación dixital. Trátase do seu acordo con Little Smart Planet, unha alianza que vai permitir aos clientes da operadora tirar partido dos xogos educativos desta prestixiosa firma de lecer dixital para nenas e nenos, e todo a través de subscrición e por medio da factura de Vodafone. Segundo sinala a compañía de telecomunicacións, coa incorporación dos xogos de Little Smart Planet adhírese ao cartafol de servizos de Vodafone “un novo concepto de lecer dixital moi orientado á aprendizaxe e á comunicación dos cativos”. De feito, sinala, aínda que semellen xogos, son deberes.
Little Smart Planet, explica a operadora, é un sistema de gamificación baseado en xogos educativos curriculares, certificado por pedagogos e acaido para os niveis curriculares de Primaria e de Secundaria. A través dunha plataforma de seguimento individualizado, os pais e educadores poden facer seguimento en tempo real do progreso dos nenos. O alicerce pedagóxico do que parten ten un dobre obxectivo: por unha banda fortalecer os contidos académicos e, pola outra, desenvolver habilidades cognitivas como por exemplo exercitar a memoria, razoar, comprender ou acadar información concreta.
Os máis de medio cento (54) de xogos de Little Smart Planet van dirixidos a nenos de primaria de 6 a 11 anos con contidos de matemáticas (18 xogos), lingua española (18 xogos) e inglés (18 xogos). Nas vindeiras semanas, Little Smart Planet lanzará Quest Hero que son xogos da ESO e que tamén estarán dispoñibles en Vodafone. A alta no servizo pode facerse a través da web littlesmartplanet.com/vodafone. Esta páxina, sinala a operadora, é accesible tanto desde o PC como desde calquera dispositivo móbil (smartphone ou tableta), xa sexa en conexión móbil ou Wi-Fi. A aplicación de xogos Little Smart Planet está ao alcance da man dos usuarios para as plataformas Android, iOS e Windows Phone. A descarga é de balde e a subscrición ten un custo de 3,99 euros ao mes que irán con cargo á factura Vodafone.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?