Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

Redacción
Publicado: 26/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O videoxogo galego Camino Kaput, desenvolvido pola produtora coruñesa Melgo Cinema, xa está dispoñible para dispositivos Android e iOS. O lanzamento nas dúas plataformas móbiles amplía a distribución deste título de humor e estratexia que propón unha sátira sobre o turismo masivo e a peregrinación a Santiago de Compostela.

A versión para móbiles conserva a mecánica de defensa de torres en dúas dimensións. O xogador debe axudar a Santi, unha interpretación humorística do apóstolo Santiago, a resistir sucesivas vagas de turistas e peregrinos que ameazan con invadir os distintos escenarios do Camiño. Para facelo pode recorrer ás emocións e bendicións do protagonista, entre elas a avaricia, a preguiza e o medo.

A sátira incorpora tamén elementos da actualidade turística, con influentes, ciclistas, autobuses e autocaravanas entre os inimigos aos que facer fronte. Para combater algunhas das ameazas será posible invocar un polbo xigante, dentro dunha sucesión de situacións disparatadas que se desenvolven ao longo das catro estacións do ano.

A aventura percorre localizacións recoñecibles de Galicia, como as termas de Ribadavia, o faro de Fisterra, a praza do Obradoiro e a praia das Catedrais. A través destes escenarios, Camino Kaput aborda cuestións como a turistificación, o dereito á vivenda e a preservación da lingua galega, cun tratamento humorístico e unha banda sonora rock que versiona música tradicional irlandesa.

O título está dispoñible de balde en nove idiomas (galego, castelán, catalán, inglés, francés, italiano, alemán, portugués e coreano) aínda que integra compras dentro da aplicación. Tamén se ofrecen varios minixogos para partidas rápidas.

O lanzamento móbil coincide coa presentación pública do videoxogo no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A demostración terá lugar o sábado 28 ás 17:45 horas no expositor de PuntoGal, dentro dunha programación que tamén inclúe música, literatura e propostas artísticas.

Melgo Cinema, produtora con sede na Coruña, desenvolveu o xogo cun equipo de catorce persoas durante aproximadamente ano e medio. O proxecto contou con talento procedente, entre outros ámbitos, dos estudos de Creación Dixital e Animación de Videoxogos da UDC e de Tradución da Universidade de Vigo. O desenvolvemento realizouse integramente sen recorrer á intelixencia artificial xenerativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Importantes franquías protagonizan PlayStation Plus en decembro

25/11/2026
VIDEOXOGOS

Take-Two intenta frear os proxectos que buscan levar GTA VI a PC antes do seu lanzamento oficial

25/11/2026
VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?