Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A terceira edición do Innterconecta suma 144 empresas galegas que participan en 67 proxectos mobilizando máis de 90 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A terceira edición do Innterconecta suma 144 empresas galegas que participan en 67 proxectos mobilizando máis de 90 millóns de euros

Redacción
Publicado: 17/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160217_conde.jpgO conselleiro de Economía, Emprego Industria, Francisco Conde salientou hoxe que a terceira edición do programa FEDER Innterconecta suma 144 empresas galegas, que participan en 67 proxectos innovadores que están a xerar investimentos de máis de 90 millóns de euros. Conde fixo balance da iniciativa acompañado do director xeral do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), Francisco Marín, quen explicou que “o CDTI, dependente do Ministerio de Economía e Competitividade, financiou no últimos dez anos 570 proxectos desta Comunidade Autónoma, cunha axuda pública de máis de 397 millóns de euros” e destacou o bo resultado da última edición do Innterconecta como “mostra do espírito emprendedor que manifestan moitas das empresas galegas”; proba diso, sinalou, é “o excelente resultado” que obtivo Galicia nesta última convocatoria do Programa FEDER-Innterconecta, participando en 67 dos 131 proxectos aprobados en toda España, o que sitúa a Galicia como a segunda Comunidade Autónoma, despois de Andalucía, con maior número de proxectos aprobados e liderados nesta última convocatoria.
Pola súa banda, o conselleiro engadiu que Galicia lidera nesta edición do Innterconecta 44 proxectos promovendo o avance innovador de Galicia en eidos como o das TIC, elevando o investimento total xerado polo programa nas tres edicións a máis de 300 millóns de euros, e o número total de compañías galegas participantes a 550. Esta mobilización de investimento do Innterconecta, resaltou Conde, se suma á doutros programas de innovación aberta, como o Conecta PEME, que xa ten xerado investimentos por 75 millóns. Conde resaltou ambos programas como clave para impulsar a innovación aberta en Galicia, poñendo a traballar de forma conxunta a empresas, universidades e centros tecnolóxicos.
Este compromiso coa innovación, sustentado na confianza do CDTI, defendeu Conde, resulta “clave para impulsar a nosa capacidade industrial, reforzando a transferencia de coñecemento ao mercado galego, potenciando o financiamiento dos nosos centros tecnolóxicos e mellorando a captación de capital privado para I+D+i”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?