Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FIC acolle este sábado a segunda edición da First Lego League de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

A FIC acolle este sábado a segunda edición da First Lego League de Galicia

Redacción
Publicado: 18/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os estudantes do CPI A Xunqueira, gañadores na edición 2015 do certame co seu Xunqueirobot
Os estudantes do CPI A Xunqueira, gañadores na edición 2015 do certame co seu Xunqueirobot
Xa o avanzamos os días pasados dende Código Cero pero non está de máis lembralo dada a importancia da cita prevista: a Facultade de Información da Universidade da Coruña acollerá este sábado 20 a partir das 9.00 horas a segunda edición da edición galega da First Lego League. O evento, como lembraremos, vén da man da Escola Politécnica Superior e a Escola Universitaria Politécnica. A vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, inaugurará a FLL ás 10:00 horas no salón de actos. No mesmo lugar, o reitor, Julio Abalde, participará na entrega de premios ás 13:45 horas.
Como dixemos, a First Lego League é un concurso dirixido “a espertar entre a xente nova a curiosidade e o interese pola ciencia, a tecnoloxía e o traballo en equipo”. Nel establécense dúas categorías de participación, de 6 a 9 anos, e outra de 10 a 16 anos. Os maiores entrarán en fase de concurso co deseño, construción e programación dun robot feito coas pezas de Lego que deberá superar unha serie de probas nun circuíto idéntico para todos os equipos participantes. Ademais deberán realizar un proxecto científico.
udc_fic_colexio_guillelme_brown_pereirodeaguiar_fll_1.jpgO desafío para esta segunda edición (a primeira organizouse o pasado curso no Campus de Ferrol), é o Trash Trek, e que segundo informa a organización e reflicte a UDC consiste en achegar solucións para mellorar a xestión dos refugallos. O equipo gañador do torneo representará a Galicia no campionato estatal que este ano celébrase durante os días 12 e 13 de marzo, en Girona. “A valoración”, engade a UDC, “terá en conta tanto a consecución dos obxectivos propostos como a creatividade demostrada, a presentación das solucións desenvolvidas e a posta en práctica dos valores perseguidos na FLL”.
udc_fic_fll1_junior.jpgAmais do devandito e de maneira complementaria e paralela á competición, desenvolverase a liga First Lego League Junior, para rapaces e rapazas de 6 a 9 anos, co propósito de alimentar a súa curiosidade científica “e achegalos dunha forma divertida ao mundo da ciencia, a tecnoloxía, as matemáticas e a enxeñería, sen o carácter competitivo da FLL dos maiores”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?