Co trunfo de aplicacións móbiles do tipo de MSQRD temos claro que a realidade aumentada e o recoñecemento facial son tecnoloxías bastante avanzadas como para permitir usos cotiáns, e xa hai compañías como FaceCake que está a comercializar toda unha plataforma que aproveite este potencial no comercio electrónico, de xeito que sexa posible probar roupa, accesorios, cosméticos e outros produtos sen ter acceso físico aos mesmos, directamente a través da súa tenda en liña, o que agora podemos ver en Cargo Cosmetics, compañía que vén de integrar unha aplicación web de FaceCake en HTML5 e JavaScript que facilita o acceso á nosa webcam para que podamos probar virtualmente distintas cores de lapis de beizos e sombra de ollos, sen ter que manchar a cara nin aplicar manualmente as cores, xa que veremos os efectos directamente sobre a nosa cara captada en tempo real, para facernos unha idea de como nos sentarían estes produtos de maquillaxe.
Loxicamente estamos ante unha funcionalidade moi básica, que só permite un achegamento visual a un produto, de xeito que non podemos percibir a súa textura e moitos outros elementos de grande interese neste tipo de produtos, pero si contribúe a tomar unha decisión de compra que vaia máis aló dunha adquisición a cegas.
A realidade aumentada facilita a proba vía web de produtos cosméticos
Compartir Este Artigo
