Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A alianza galega ATIGA impulsará a eficiencia e a sustentabilidade das empresas europeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A alianza galega ATIGA impulsará a eficiencia e a sustentabilidade das empresas europeas

Redacción
Publicado: 08/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_tecnoloxia.jpgO proxecto Vanguard Initiative, unha iniciativa europea na que participan 30 espazos xeográficos diferentes, vai ter notable presenza galega. Máis polo miúdo a da Alianza Tecnolóxica Intersectorial, ATIGA, unha fronte común formada por AIMEN, o centro tecnolóxico Gradiant, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, EnergyLab, o CTAG (Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia) e ANFACO-CECOPESCA. Como lembraremos, Vanguard Initiative diríxese en parte a impulsar metodoloxías que contribúan a establecer segundas e terceiras vidas e funcionalidades para todo tipo de produtos industriais. Nun plano máis xenérico aposta de cheo pola especialización intelixente e a cooperación entre países e comunidades. Supón, en palabras dos seus impulsores, “unha innovadora forma de traballo en colaboración para coordinar e atopar sinerxías entre centros tecnolóxicos e empresas de toda Europa”.
A rede abrangue cinco grupos de traballo centrados cada un nun ámbito diferente: manufactura eficiente e sustentable, impresión 3D, manufactura avanzada en renovables en ambientes hostís, nanotecnoloxías e bioeconomía. O proxecto foi impulsado en 2014 e agora, o ano 2016, logo de que as contornas xeográficas participantes acadaran financiamento directo da UE, preséntase como o ano decisivo para o seu pulo final.
ATIGA está no grupo Efficient and Sustainable Manufacturing, que ten por obxectivo crear unha rede de demostradores piloto de innovación que posibiliten ás firmas dos máis variados sectores desenvolver e pór en xogo tecnoloxías e procesos “altamente eficientes e sustentables”. Nesta área están en desenvolvemento cinco demostradores orientados aos seguintes eidos de actividade: á refabricación para reutilizar as funcións e os materiais de produtos no final da súa vida útil; á fabricación adaptativa e intelixente de produtos e compoñentes personalizados; ao desenvolvemento de tecnoloxías de fabricación avanzadas e sustentables en tratamento de superficies e revestimentos con polímeros; á planificación integrada dixital e virtual e ao deseño de procesos de fabricación enerxética e ambientalmente eficientes.
Os días pasados os responsables de Vanguard Initiative reuníronse en Bruxelas (medio milleiro de asistentes) para ultimar a folla de ruta para 2016, entre outras cousas. ATIGA concorreu de xeito activo na xuntanza, que abrangueu máis dunha ducia de sesións de networking operativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?