Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acolle esta semana as Xornadas sobre Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acolle esta semana as Xornadas sobre Intelixencia Artificial

Redacción
Publicado: 09/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

intelixencia_artificial.jpgEste 10 de marzo comezan no Campus de Ferrol as Xornadas sobre Intelixencia Artificial e sociedade contemporánea englobadas no marco das XXI Xornadas de filosofía e metodoloxía actual da ciencia. O punto de arranque será a inauguración, ás 9.45 horas, no salón de actos do Campus e contándose coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde. Ao seu carón, estarán Juan Penabad, deputado provincial na Deputación da Coruña, Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura, Ensinanza e Universidade do Concello de Ferrol e Wenceslao J. González, coordinador das xornadas e profesor na Facultade de Humanidades.
As xornadas desenvolverase durante os días 10 e 11 de marzo, contando coa presenza de varios conferenciantes expertos no tema. Na organización atópase a Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidade da Coruña co apoio da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España. O congreso celébrase baixo o seguinte epígrafe: Intelixencia Artificial e sociedade contemporánea. O cometido da información.
O principal relator será Luciano Floridi, catedrático na Universidade de Oxford e director de investigación do Oxford Internet Institute, amais de ser coñecido nos ámbitos da reflexión dixital como “o filósofo de Google”. Segundo informa a UDC, trátase dunha figura de referencia internacional en todo o tema de Filosofía da Información, experto en caracterización da información e a súa relación con aspectos éticos. Desde 2009 ocupa a Cátedra de UNESCO de Information and Computer Ethics. Entre os seus libros publicados por Oxford University Press figuran The Philosophy of Information (2011);The Ethics of Information (2013); e The Fourth Revolution – How the infosphere is reshaping human reality (2014).
Outros relatores convidados son Javier Echeverría, investigador no Centro de Innovación Social da Universidade do País Vasco; Giuseppe Primiero, catedrático de Computing Science na Universidade de Middlesex (Londres); Mark Priestley, investigador, asociado ao Departamento de Estudos de Ciencia e Tecnoloxía do University College London; e Enrique Alonso, profesor Titular de Lóxica e Filosofía da Ciencia (Universidade Autónoma de Madrid). Ademais, presentarán unha comunicación outros dous especialistas internacionais: Patrick Allo (Universidad Libre de Bruselas) e Stefan Schubert (Consello Sueco de Investigación, actualmente en Oxford).
Programa
Xoves 10 de marzo
10:00h. Hiperhistoria, o xurdimento de sistemas de multitanxentes (SMAs) e o deseño da infraética. Luciano Floridi, catedrático da Universidade de Oxford, director de investigación do Oxford Internet Institut.
12:00h. Sociedades artificiais e innovación. Javier Echeverría, catedrático da Universidade do País Vasco, investigador no Centro de Innovación Social da Universidade do País Vasco.
17:00h. A Historia de ENIAC en tres programas. Mark Priestley, investigador asociado ó departamento de Estudos de Ciencia e Tecnoloxía do University College London.
19:00h. Situación actual da Intelixencia Artificial e perspectivas de futuro. Mesa redonda na que participarán Luciano Floridi, Javier Echeverría, Giuseppe Primiero e Mark Priestley.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?