Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O estado de saúde do noso litoral, ao detalle na Rede grazas ao grupo Ecotox (UVigo)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O estado de saúde do noso litoral, ao detalle na Rede grazas ao grupo Ecotox (UVigo)

Redacción
Publicado: 09/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_visor.jpgDende 2013 está operativa para a comunidade investigadora e para os internautas en xeral unha ferramenta tecnolóxica que permite verificar o estado de saúde das nosas augas litorais. Trátase do visor cartográfico xestionado polo grupo de Ecotoxicoloxía da Universidade de Vigo, Ecotox, que dirixe o catedrático Ricardo Beiras. A ferramenta, que acubilla datos de case medio cento de publicacións científicas, leva preto de catro anos suplindo con compromiso medioambiental e vontade científica, en palabras dos seus impulsores, “a falta de recursos tecnolóxicos da administración pública que acheguen de xeito inmediato e xeorreferenciado datos de vertidos e do estado da contaminación química das augas galegas”.
Máis polo miúdo, a plataforma fornece acceso a información de contaminación química sobre metais, hidrocarburos e probas de ecotoxicidade na costa galega, desde 1997 ata a actualidade, agrupadas en capas, por períodos de cinco anos. Publicacións científicas e informes sobre contaminación mariña no litoral galego, así como traballos non publicados polo propio grupo Ecotox, son as dúas fontes das que proceden os datos utilizados polo visor, ao que se pode acceder a través do portal web do equipo de investigación.
Segundo informan os responsables do recurso, este está integrado nunha infraestrutura de datos espaciais e, en virtude disto, o visor proporciona información sobre o estado químico das augas costeiras empregando as directrices marcadas no programa de seguimento do convenio Ospar sobre a protección do medio mariño do Atlántico Nordeste. Segundo explica Raimundo Blanco, investigador de Ecotox, “hoxe en día a información xeorreferenciada en liña está a substituír os mapas e forma parte da nosa vida diaria, dende os teléfonos móbiles, aos navegadores dos coches”.
Funcionamento
Unha vez que accedemos ao portal de Ecotox podemos entrar directamente a través do apartado accede ao visor ou ben dirixirnos ao menú xeoportal-visor cartográfico. Neste caso, na paxina visor cartográfico, atoparemos unha descrición dos datos e dos criterios que se están a usar no visor. O visor presenta tres áreas: o mapa; o panel de navegación superior e o panel lateral de capas (layers), no que están as capas cos contaminantes e a súa lenda. No mapa a información preséntase en forma de puntos de cores, cunha escala que vai do azul (mellor estado) ao vermello (peor estado). Premendo en cada punto (coa ferramenta identify do panel superior) accedemos aos datos numéricos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?