De cara á campaña de Nadal Movistar lanzou unha curiosa promoción para os seus clientes aos que ofrecía televisores con descodificador integrado, que resultaban bastante rechamantes por carecer de entradas para poder conectar fontes de vídeo distintas ás de Movistar, de xeito que máis que un televisor estariamos ante un descodificador con pantalla, e vese que a súa aceptación, no caso dos modelos de 40 polgadas, non foi moi boa, o que está a levar a unha flexibilización das condicións para poder facerse cunha destas pantallas.
Así, para acceder agora a un televisor Screen Fusión de 40 polgadas teremos unhas condicións como as dos televisores de 32 polgadas, de xeito que os usuarios con Fusión+ con acceso a Rede a 300 Mbps poderán facerse coa pantalla sen custo adicional para novos clientes ou por 50 euros para clientes actuais (coas condicións anteriores era preciso pagar 120 euros máis para facerse co modelo de 40 polgadas), resultando así moi atractivo para gozar dun segundo televisor co servizo Multi+ (aínda que tamén é posible optar por este televisor como principal).
O Screen Fusión de Movistar baixa o prezo para os televisores de 40 polgadas
Compartir Este Artigo
