Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae lévanos da man ás potencialidades de AngularJS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae lévanos da man ás potencialidades de AngularJS

Redacción
Publicado: 09/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

angularjs.jpgVitae Consultores segue adiante coa súa completa oferta formativa para esta primeira recta do ano 2016. Desta volta cómpre informar da cuarta edición do seu curso Programación Web Profesional con AngularJS (accesible en PDF), unha actividade de 20 horas a desenvolver en Vigo e que xirará arredor das potencialidades de AngularJS, como lembraremos unha infraestrutura JavaScript MVC desenvolvida por Google que nos permite, entre outras cousas, crear código ben artellado e construír grandes aplicacións de interacción directa co usuario (front-end) moi doadas de manter. Segundo contan dende Vitae, AngularJS “consiste nunha serie de ferramentas integradas e modulares que posibilitan facer mellores ferramentas web con menos código”.
O curso desenvolverase os días 15, 16, 22 e 23 de abril (os venres pola tarde e os sábados pola mañá). Segundo informa Vitae sobre as posibilidades de uso que se abren co seminario, a tecnoloxía AngularJS amplía o HTML e o JavaScript “levándoos ao deseño profesional de aplicacións empresariais”. Os obxectivos do curso son ensinar a desenvolver ferramentas de negocio de calidade profesional empregando a estrutura AngularJS de Google, amais de amosar en detalle as súas posibilidades e a súa integración en casos prácticos. Ademais, botarase luz sobre as características do dito framework con outros semellantes como Backbone ou JQuery.
O curso está especialmente dirixido a programadores de aplicacións web, especialmente aqueles con experiencia noutras infraestruturas. Tamén será de utilidade para programadores de backend, aplicacións móbiles ou deseñadores de páxinas. Segundo advirte Vitae, precísase unha experiencia previa básica en JavaScript e HTML. A actividade levarase a cabo no Centro Social AFundación de Abanca en Vigo, no 24 da rúa Policarpo Sanz. O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?