Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa de Campás amosa como converter en dixital unha empresa ou ONG “analóxica”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa de Campás amosa como converter en dixital unha empresa ou ONG “analóxica”

Redacción
Publicado: 10/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_jose_pineiro-2.jpgA Casa das Campás (Campus de Pontevedra) está a acoller estes días un curso sobre como contribuír a dixitalizar da maneira máis axeitada posible empresas, entidades e organizacións sen arela de lucro. O punto básico do obradoiro é amosar a orixe e os procesos da transformación dunha actividade á que estamos afeitos a ver en clave “analóxica” ao eido en liña. O curso, impartido pola xornalista Jose Piñeiro (doutora en Investigación en Comunicación pola UVigo), desenvólvese baixo o seguinte epígrafe: Dixitalización de negocios para PEME e ONG. Está a participar nela (dende febreiro) unha ducia de persoas, afondando en cousas tan variadas e específicas como por exemplo a creación dunha tenda virtual ou como xestionar provedores ou facturas coa axuda das TIC. Ou, tamén, como pór en marcha novos espazos de comunicación máis áxiles e accesibles.
Un dos eixos deste taller de 30 horas de duración é achegar ao alumnado a unha serie de ferramentas e recursos de balde que, no caso das empresas, permitiranlles “estar preparadas para a contorna que xa está a envolvelas, entendela e ser capaz de operar nela”, sinala a profesora Piñeiro, que tamén salienta a importancia outorgada ás TIC no que “na Unión Europea se denomina a Cuarta Revolución Industrial”. Entre outros moitos obxectivos, o curso abrangue un desafío concreto: facer posible que o alumnado leve á práctica os coñecementos adquiridos durante a estadía formativa. Ou sexa, que os participantes arrinquen “cun proxecto dende cero”. A idea, sinala Piñeiro, “é que cada alumno faga o seu proxecto, porque desta maneira exploramos máis posibilidades e aprendemos a partir de distintos modelos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?