Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra prorroga por dous anos máis o contrato con Iberbanda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra prorroga por dous anos máis o contrato con Iberbanda

Redacción
Publicado: 10/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

repoblar-2.jpgA Deputación de Pontevedra anunciou estes días que vén de prorrogar por dous anos máis o seu contrato coa compañía Iberbanda, que como lembraremos é a responsable da explotación da Rede Pontevedra Banda Larga Rural (REPOBLAR). Segundo recorda o organismo provincial que preside Carmela Silva, a rede WiMAX da Deputación (impulsada pola institución pontevedresa grazas ao cofinanciamento do 70 % con fondos FEDER da Unión Europea), ten por obxectivo dotar de banda larga sen fíos ás zonas rurais da provincia, e todo a prezo accesibles. O proxecto europeo REPOBLAR, que conta cun orzamento de 6.693.868,53 euros, abrangue 55 concellos da provincia (agás Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Marín, Redondela e Cangas, que non se adheriron).
Segundo informa a Deputación a rede explotada por Iberbanda desde hai catro anos fornece cobertura ao 99 % da poboación dos 55 concellos, un total de 7.760 clientes. A compañía de telecomunicacións, durante dous anos máis, encargarase de subministrar, explotar e manter a infraestrutura e o servizo (asumindo os custes de conservación, amaño e ampliación precisos para “a correcta prestación do mesmo”). Iberbanda tamén proseguirá asumindo labores de comercialización e de xestión dos contratos de alta, baixa ou modificación, facturación, atención e soporte aos clientes e a correcta prestación do servizo.
Segundo conclúe a Deputación facendo referencia a novas vantaxes para os usuarios, a través desta prórroga de dous anos o organismo provincial conseguiu que Iberbanda oferte, sen ningún custo asociado e coas mesmas condicións de servizo e calidade, unha mellora no prezo do servizo de 2 Mbps, pasando dos 41,14 euros mensuais que pagaban os clientes aos 30,25 € (IVE incluído).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?