Para atender á demanda de formación sobre o aproveitamento persoal e profesional de redes sociais durante os vindeiros meses Manolo Rodríguez, xornalista, responsable de redes sociais do xornal La Opinión A Coruña e blogueiro (que conseguiu colocar o seu espazo desenredandolared.com entre as 50 páxinas web galegas máis populares), impartira unha serie de 7 relatorios no Espacio Working_ sito no primeiro andar do Centro Comercial Espacio Coruña, que orbitan ao redor do cancelo #charlasdigitalesEC e botarán a andar o vindeiro sábado ás 11:30 horas cunha charla sobre as Claves para ter un grande blog, coa que Rodríguez afondará no uso de bitácoras de Internet como vehículo para crear contidos e compartilos na Rede, desvelando as pautas a seguir para conseguir “un grande blog”.
Esta serie de relatorios consistirán en presentacións de 45 minutos tras as que se abrirá unha quenda de preguntas de 15 minutos, e xa teñen data o resto de charlas que se repartirán ao longo do presente ano:
– 9 de abril: Como escribir artigos efectivos para un blog
– 21 de maio: SEO para os que non saben nada de SEO
– 11 de xuño: Como sacar o máximo partido das redes sociais
– 10 de setembro: Como espremer a túa presenza en LinkedIn
– 8 de outubro: Como usar Twitter de xeito profesional
– 12 de novembro: Tendencias tecnolóxicas: o futuro é agora
Espacio Coruña acollerá unha serie de charlas para tirar proveito profesional das redes sociais
Compartir Este Artigo
