O pasado verán Movistar conseguiu achegar moitos clientes a súa oferta combinada de fibra óptica co reclamo de ofrecer o paquete completo de televisión (incluíndo o fútbol) por 9,90 euros durante 2015, e en vista dos bos resultados da promoción, repítea e agora anuncian que ata o 31 de marzo os usuarios que cambien a Movistar contratando unha banda larga con fibra óptica a 300 Mbps poderán contratar Fusión+ xunto co paquete Premium Extra por só 9,90 euros/mes durante 3 meses, mentres que os usuarios que o fagan con conexións ADSL ou fibra de 30 Mbps terán un prezo promocional do citado paquete de 15,50 euros/mes durante 3 meses.
O paquete Premium Extra inclúe fútbol, deporte, cine e series, canles á carta, Yomvi con máis de 10.000 títulos, gravacións, videoclub e acceso aos 7 últimos días de emisión das canles contratadas. É a oferta audiovisual doméstica máis completa do mercado, e coa promoción busca que os consumidores proben os seus contidos coa finalidade de que os manteñan máis adiante pagando 65 euros/mes.
Nos vindeiros meses ten especial atractivo, xa que no que resta de tempada futbolística Movistar+ está a incluír a canle beIN Sports sen cargo adicional, o que facilita o acceso aos partidos da Champions e da Europa League. Entre as canles deportivas tamén estarían as de Fórmula 1, que tamén inicia as súas competicións estes días, polo que este tipo de promocións pode axudar a fixar de espectadores.
Movistar repite a súa promoción do paquete Premium Extra por só 9,90 euros/mes
Compartir Este Artigo
