Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo anuncia novos avances no ámbito da eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo anuncia novos avances no ámbito da eAdministración

Redacción
Publicado: 10/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_lugo_xixon.jpgO Concello de Lugo fixo saber hoxe que está a dar avances na implantación no seu seo da Administración Electrónica. Este proceso, xa activo, traducirase na introdución dunhas maiores “rapidez e comodidade” na resolución de trámites por parte da cidadanía lucense. Así o deu a coñecer a concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, quen mantivo un encontro con técnicos do Concello de Xixón, administración recentemente recoñecida cuns importantes galardóns polo seu labor en materia TIC (grazas os servizos CuidaGijón e ObservaGijón o Goberno local acadou o premio ao Mellor Servizo de Administración Electrónica e ficou entre os finalistas do Mellor Proxecto de Participación Cidadá e Gobernos Abertos, respectivamente).
O Concello de Lugo puido tomar nota dos pasos dados polo Executivo xixonés en materia tecnolóxica e anunciou a súa firme intención de “progresar na implantación da eAdministración, unha nova vía de contacto cos lucenses para ofrecer un servizo mellor, máis rápido e máis eficaz”.
A edil foi acompañada dun comité técnico do que forman parte distintos servizos municipais co obxectivo de acadar que todos eles participen na modernización administrativa dos mesmos, unha modernización que segundo avanzou Rielo estará implantada a finais de ano, “o que favorecerá a transparencia da institución”.
A concelleira tamén fixo saber que o propósito da xuntanza en Asturias foi “avanzar na modernización do Concello, impulsando canles de participación coa cidadanía e evolucionar cara unha estratexia de goberno aberto”. A edil salientou que a eAdministración permitirá realizar “procedementos sen ter que desprazarse ata os servizos municipais, achegando a administración aos seus usuarios”. Ademais, dixo, “beneficiará á cidadanía ao axilizarse os trámites e os procesos burocráticos e evitarase a perda de tempo e desprazamentos”.
Tamén lembrou que o Concello de Lugo foi un dos primeiros municipios de máis poboación de Galicia en poñer en marcha o funcionamento do Rexistro Electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?