Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade da Cultura acollerá o XV Encontro Estatal de Telecentros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade da Cultura acollerá o XV Encontro Estatal de Telecentros

Redacción
Publicado: 11/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

encontro_telecentros.jpgA semana que vén, o 15 de marzo, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, inaugurará na compostelá Cidade da Cultura o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema Impulsando a túa capacitación dixital. Detrás desta proposta atópase a Asociación Nacional de Redes de Telecentros (co apoio da AMTEGA) e con ela preténdense coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital e potencialas como ferramenta para mellorar as competencias dixitais, a empregabilidade e impulsar a innovación social dixital. Nesta xuntanza participarán máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, innovadores, usuarios e comunidades locais do eido local das aulas CeMIT galegas.
E indo ao programa deste encontro, dicir que se celebrarán catro mesas de debate. Na primeira tratarase a acreditación de competencias dixitais, expoñendo a experiencia galega do CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática), xunto co modelo andaluz de formación en competencias dixitais, Guadalinfo. Esta mesa pecharase coñecendo o papel e as iniciativas de Telecentre Europe sobre este tema e o seu posicionamento no informe europeo DIGCOMP, o marco común para o desenvolvemento de competencias dixitais en Europa.
Na segunda das mesas analizarase o programa europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs. Asemade, a directora de Formación de Fundación Tecnoloxías da Información de AMETIC falará sobre os Os perfís profesionais da transformación dixital.
A terceira das mesas abranguerá proxectos de innovación social dixital como CeMIT-innova, impulsada pola AMTEGA en 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital en 9 aulas da Rede CeMIT.
O programa do encontro complétase co obradoiro práctico: Transformando Ideas… para mellorar a nosa contorna local. DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros, onde se verán os resultados dos pilotos que xa se executaron na I Edición CeMIT-Innova 2015.
Cómpre subliñar que a inscrición é de balde e poderá efectuarse a través desta ligazón da Rede CeMIT.
O encontro das redes de telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que poderá seguirse en Twitter cos hashtag #15Encuentro e #Telecentros, vía streaming e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de telecentros na web da get online week.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?