Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega avaliará novos modelos dixitais nunha xornada sobre cultura e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega avaliará novos modelos dixitais nunha xornada sobre cultura e comunicación

Redacción
Publicado: 11/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

folleto_cultura_comunicacion_rede.jpgXa podemos inscribirnos para concorrer á xornada Cultura e Comunicación na Sociedade en Rede, unha actividade de reflexión e debate que convoca o Consello da Cultura Galega co obxectivo de avaliar en detalle os nexos (eses nexos en constante evolución, e máis ao abeiro da era dixital) que hoxe en día serven de unión ao coñecemento cos seus destinatarios. En palabras do CCG, o encontro diríxese a “avaliar novos modelos e novas experiencias no ámbito dixital” da man de expertos como Miquel de Moragas ou Emili Prado. A xornada desenvolverase na sede da institución o vindeiro 26 de abril e está organizada polos profesores Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago. A inscrición pode facerse a través da web, é gratuíta e hai cen prazas.
Como dixemos o leit motiv das sesións será reflexionar acerca do xeito de interactuar e relacionarse cultura e comunicación na sociedade en liña na que vivimos, nestes días, mergullados. Para iso analizaranse algunhas experiencias postas en marcha nestes anos da era dixital, cunha análise dos resultados acadados, ao tempo que se debaterán posibles estratexias para que os proxectos culturais sexan viables e sustentables no novo escenario.

Contidos
  • PROGRAMA
  • Sesión da mañá
  • Sesión de tarde

PROGRAMA

Sesión da mañá

9:15 horas – Inauguración
9:30 horas – Interpretar a cultura e a comunicación na sociedade rede – Miquel de Moragas (Universitat Autónoma de Barcelona)
10:15 horas – Tomar a cultura dixital en serio – Miguel de Aguilera (Universidade de Málaga)
11:00 horas – Pausa
11:30 horas – A divulgación cultural e científica nos medios e nos metamedios – María Jesús Casals (Universidade Complutense de Madrid)
12:15 horas – Cultura, comunicación, memoria e movementos sociais na era dixital – Jaume Guillamet (Universitat Pompeu Fabra)
13:00 horas – Debate

Sesión de tarde

16:30 horas – Industrias culturais e redes dixitais – Emili Prado (Universitat Autónoma de Barcelona)
17:15 horas – Cultura, comunicación e poder na España actual – Ramón Reig (Universidade de Sevilla)
18:00 horas – Pausa
18:30 horas – Tendencias da cultura e a comunicación na sociedade en rede – Javier Marzal (Universitat Jaume I)
19:15 horas – Debate

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?