Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quérote+ atenderá as consultas da mocidade por videoconferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Quérote+ atenderá as consultas da mocidade por videoconferencia

Redacción
Publicado: 11/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

querote_mais_1929281_503978746440903_7995537536649865868_n.jpgA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá en marcha nas vindeiras semanas un novo servizo de videochamada para que os mozos e mozas poidan asesorarse e formular as súas consultas aos profesionais do Quérote+, o que ata agora podía facerse de forma presencial, telefónico, en liña ou por mensaxería instantánea (WhatsApp ou Telegram) e agora tamén poderase facer a través de videochamada por Skype e Hangouts.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, probou hoxe este novo servizo cunha videoconferencia dende o Espazo Xove de Vilagarcía coas oficinas en Lugo do Quérote+. O servizo estará a proba durante tres meses, nos que se testeará e se mellorará o protocolo de atención para unha maior eficacia e unha mellor atención aos usuarios. Durante estes meses, o servizo estará dispoñible os luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 14:00 horas e as tardes dos luns e dos mércores de 16:30 a 19:00 horas.
A videochamada permite o acceso ao servizo de atención ás mozas e aos mozos que teñan dificultade para achegarse de xeito presencial a un dos centros Quérote+. Permite unha comunicación directa, a tempo real, verbal e non verbal, o que permite un asesoramento máis personalizado.
Deste xeito as barreiras físicas que poden supor unha limitación de acceso ao recurso quedan anuladas e permítese que o servizo sexa accesible a un maior número de mozos, máis homoxéneo e igualitario entre toda a mocidade galega.
O contacto por Skype realízase a través do usuario Quérote+ Videochamada e para empregar a videochamada a través de Hangouts deberase buscar o usuario querotemais.videochamada@gmail.com.
As vías de consulta dixitais, como a de consulta en liña e a de mensaxería instantánea, son unhas das máis empregadas. No ano 2015 recibíronse 1.267 consultas on-line, un incrmento do 3,85% en relación ao ano anterior, e 712 consultas a través de WhatsApp e Telegram, un 20,30% máis que no ano 2014.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?