Vodafone vén de lanzar unha interesante oferta de promoción temporal (moi temporal, ollo) moi na liña da que achegou recentemente para permitir aos seus clientes gozar do dobre de GB “sen ningún custe extra”. De feito, trátase dunha campaña SuperWeekend, que é como a operadora etiqueta estas oportunidades-agasallo tan específicas. A diferenza agora é que falamos en boa medida de televisión: a promoción acabada de guindar fornecería TV de balde, durante un ano, para os novos clientes que se dean de alta durante a fin de semana. As persoas interesadas deberán estar atentas, xa que a promoción comeza este venres 11 e remate o domingo 13 de marzo.
Polo tanto, a oferta consiste en gozarmos de Vodafone TV durante un ano, sendo exclusiva en liña e válida para novas altas e portabilidades. Máis en detalle, o agasallo serán 12 meses de Vodafone TV Esencial, cuxo prezo tras rematar o período gratuíto pasará a ser de 12 euros ao mes con Vodafone One S, 6 euros ao mes con Vodafone One M e 0 euros ao mes con Vodafone One L e XL. Estes prezos ficarán válidos sempre e cando non mudemos de tarifa. Están dispoñibles para particulares, autónomos ou microempresas. A oferta complétase cunha segunda liña de móbil de balde (Mini XS Gratis) con 500 Mbps de navegación e chamadas a cero céntimos o minuto.
Vodafone ofrece esta fin de semana TV de balde durante un ano
Compartir Este Artigo

