Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra lanza campaña nas redes para divulgar o signo co que se nomea a Castelao
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra lanza campaña nas redes para divulgar o signo co que se nomea a Castelao

Redacción
Publicado: 14/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_pontevedra_campana_castelao.jpgA Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha nas redes sociais unha campaña para reivindicar e facer visible o signo co que se idenfitica a figura de Castelao. A iniciativa, que se desenvolve ata o vindeiro 1 de abril (Día das Artes Galegas, festividade que este ano se adica ao referencial escritor, debuxante e político rianxeiro), apóiase directamente no epígrafe #signaCastelao, que é a etiqueta que se usa en Twitter para difundir o signo co que se nomea Castelao e “concienciar á poboación sobre a necesidade de promover actitudes inclusivas e integradoras para o conxunto da sociedade”, segundo fixeron saber na presentación da campaña a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. Silva e Leal aproveitaron a cita perante os medios para pór eles mesmos o seu gran de area na iniciativa: subiron a súa propia fotografía facendo o signo de Castelao para a conta de Twitter do organismo provincial.
Segundo explicaron, todas as persoas que queiran contribuír a difundir este sinal e participar na campaña poden subir a súa foto “signando Castelao” coa devandita etiqueta e facendo mención á conta da Deputación @depo_es. O “aceno” en cuestión, tal e como explicaron (e visualizaron) Silva e Leal, consiste en colocar os dedos furabolos (índice) e polgar realizando un círculo sobre un dos ollos, en referencia ás lentes redondas que portaba o propio Castelao. “Cada persoa”, engadiron, “debe realizar o xesto cunha soa man, recomendándose que se realice coa man que se usa para escribir”. Tamén lembraron que o aceno para nomear a Castelao foi aprobado polo Centro de Normalización Lingüística de la Lingua de Signos Española, tras unha proposta realizada pola Organización de Xordos de Galicia, XOGA, e polo departamento de Cultura e Lingua da Deputación. Igualmente, recordaron que esta iniciativa xorde a partires da colaboración establecida entre XOGA e a Deputación para dotar de audioguías e signoguías a parte das actividades do Ano Castelao, e “facilitar que as persoas con dificultades auditivas poidan acceder a contidos culturais en igualdade de condicións que o resto da cidadanía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?