Agora que está a achegarse unha nova xeración de solucións de realidade virtual, hai que busca trasladar os contornos actuais ao novo ámbito, aproveitando as súas posibilidades, e nesta liña chega BigScreen, unha ambiciosa solución de realidade virtual baseada en Oculus Rift e HTC Vive que permite colocar aos usuarios nunha habitación na que podemos ter un monitor de 240 polgadas nas que presentar o noso escritorio informático, ou sexa, tendo a impresión de que estamos a usar o noso ordenador nunha pantalla de cine, o que pode resultar atractivo tanto para gozar dunha experiencia audiovisual impresionante como para usos multi-usuario, nos que varias persoas poden colocarse no mesmo cuarto virtual para gozar dos mesmos contidos simultaneamente.
A experiencia de BigScreen podería aproveitarse para botar partidas multi-xogador en rede, ver películas cos amigos ou simplemente para conversar, estando cada usuario nunha posición concreta da habitación virtual, de xeito que a súa voz chegue poida percibirse espacialmente.
Este servizo xa está en probas para Oculus Rift e HTC Vive, pero máis adiante podería chegar tamén para dispositivos móbiles de realidade virtual como as lentes Gear VR de Samsung. Temos así un uso da realidade virtual que, aparte de impresionar visualmente, podería ser un interesante xeito de facer social esta tecnoloxía emerxente.
BigScreen fai medrar a pantalla do noso ordenador ata as 240 polgadas valéndose da realidade virtual
Compartir Este Artigo
